25 de setembro de 2023

Circuíto das Mariñas

O Circuito das Mariñas de Xadrez 2023 iniciou en setembro a súa actividade.
Vai durar todo o ano dende o 1 de setembro ata o 31 de agosto de 2024.
Puntúan para o Circuito os cinco primeiros de cada proba, con puntos á inversa da clasificaión.
A participación non supón ningunha obriga a maiores para os participantes nos torneos.
Tampouco é que teñamos premios moi especiais;
Cada cuatrimestre teremos unha taza para o socio mellor clasificado e na clasificación final teremos un trofeo para o campión e entregaremos aos tres primeiros suadoiros de AGAX.
Teremos tamén un circuito para os torneos online, independentemente deste.
E lembra que aquí tes toda a información para facerte socio... PREME
Aquí tes a situación actual:

1 de setembro de 2023

Asociarse en 2023 - 2024

Comezamos o periodo de asociación deste curso que iniciamos cumprindo hoxe 1 de setembro, 34 anos de rexistro administrativo da nosa entidade.

As cotas desta nova tempada 2023-2024 as cotas serán as seguintes:

COTAS ANUAIS 2023-2024
(01/09/2023- 31/08/2024)



Socio xeral: 10 euros

Socio xuvenil: euros (nados en 2006 ou seguintes)

Os socios recibirán: carnet, chaveiro e un libro de problemas básicos.


Axúdanos a seguir facendo mais xadrez!

18 de agosto de 2023

EQUIPO EN LICHESS

Para as próximas actividades creamos un novo equipo en Lichess.org.

Este será un equipo para todos os interesados, pero xa que algunha das administracións poden pedir listado dos nomes reais dos participantes será obrigatorio inscribirse nun formulario para gardar os datos dos membros do equipo.

Así que estes son os dous pasos a dar:

PASO 1: PREME

E logo pidas entrar no equipo de Lichess.

PASO 2: PREME

6 de xullo de 2023

SEMANA DE XADREZ

O Colexio Calasanz da Coruña participou en xuño en Vigo na fase rexional do Campionato de España Escolar en Centros Comerciais, quedando en primeiro lugar e obtendo o pase á fase final en Alcalá de Henares en setembro.

Imos facer unha semana de xadrez no dito centro educativo para posible adestramento dos rapaces clasificados, outros compañeiros e poboación en xeral.

A semana de xadrez estará coordinada polo monitor do Club Naranco de Oviedo, campión de Asturias, Héctor Rodríguez Alejo, que se formou como monitor na Coruña e realizou as súas prácticas do master de profesorado no colexio, a actividade será un resume da realizada polo Club Naranco cada verán. Agardamos cada ano repetir esta experiencia.

Será do luns 17 ao venres 21 de xullo e de 9,00 a 14,00 horas no colexio.

Podes solicitarnos mais información no whatsapp 654 60 37 16.

Desenvolvemento:


O máximo de participantes será de 15. A actividade é de balde para os alumnos de xadrez do Colexio Calasanz, xogadores do CIDU e socios de AGAX que realicen xa o pago de 2023-2024.

12 de xuño de 2023

IV LIGA DAS MARIÑAS

IV Campionato dás Mariñas

17 de xuño de 2023

O torneo estará aberto á participación de máximo 16 equipos (8 en primeira división e 8 en segunda) e xogarase o día 17 de xuño de 2023.

A inscrición será gratuíta. Para inscribir ao equipo, deberase enviar un correo electrónico á dirección xdm@xadrecista.eu indicando nome do equipo e compoñentes do mesmo. Así mesmo, indicarase o nome e teléfono da persoa que actuará de delegado do equipo. No mesmo correo poden solicitar mais información da proba.

Os equipos comporanse de forma completamente libre, é dicir, no mesmo equipo Poderán xogar xadrecistas federados de distintos clubs, idades, etc, . Sempre cun mínimo de 4 xogadores por equipo e un máximo de 10.

Xogarase unha liga, en grupos de 4 equipos, a 10´minutos + 3´´seg por xogada., posteriormente unha cuarta e quinta rolda de cruces entre os grupos da mesma división para determinar a orde final da clasificación do posto 1 ao 8.

Dependendo da cantidade de equipos inscritos, poderase variar o sistema de competición e o número de roldas a disputar, polo que a organización resérvase o dereito de facer modificacións respecto diso, previo aviso a todos os equipos inscritos.

En cada rolda participasen catro xogadores por equipo, seleccionados da lista presentada. Non haberá regras que determinen orde de forza dos taboleiros.

Cada delegado entregase ao árbitro, unha listaxe e polo menos 5 minutos antes do comezo de cada rolda, a conformación do seu equipo para esa rolda. Ante a non presentación da devandito orde, enténdese repiten a última orde de forza establecido polo devandito equipo.

Presentación e confirmación de equipos ás 16:45. O horario de xogo previsto:

Rolda 1: sábado día 17 de xuño ás 17:00

Rolda 2: sábado día 17 de xuño ás 17:30

Rolda 3: sábado día 17 de xuño ás 18:00

Rolda 4: sábado día 17 de xuño á 18.45

Rolda 5: sábado día 17 de xuño ás 19:25

Entrega de Trofeos: 20:05

O lugar de xogo será Casa Vila Concepcion,  Cambre

A clasificación farase segundo os encontros gañados (3 ptos vitoria, 1 pto empate, 0ptos derrota), en caso de empate, mírase o total de puntos logrados por partida, e se continúa o empate, resultado de enfrontamento directo até as últimas consecuencias (valoración dos taboleiros 4-3-2-1; resultado taboleiro 1; cor taboleiro 1)

O árbitro será designado pola organización. E as súas decisións son inapelables.

Os participantes no torneo autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios de comunicación que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (listaxe de resultados, clasificacións, fotos,?.).

A participación no campionato, supón a aceptación destas bases.