30 de decembro de 2021

RESULTADOS DO TORNEO LUDO

José Fernández Otero foi o vencedor do Torneo Ludo de 2021.


A clasificación final foi a seguinte:

1 JOSE FERNANDEZ OTERO, 1680 4.5 14.5 4 12.5 8.5
2 MARCOS MARTINEZ, 1744 4 13.0 4 15.0 8.5
3 JOSE RAMON GOMEZ,  1933 3.5 11.5 3 14.5 9.0
4 JAVIER MAZAIRA, 2001 3 10.0 3 15.5 9.5
5 JOSE LUIS CASTELO, 1500 3 8.0 3 9.0 6.0
6 JOSE ANTONIO CASTRILLON, 1590 3 7.0 3 12.5 7.0
7 MARCOS MARTINEZ JR,         2 8.0 2 15.0 9.5
8 RAUL MARTIN, 2 7.0 2 14.0 8.0
9 DAVID PEREZ,  1300 2 5.0 2 10.0 7.0
10 ANDRE PATIÑO, 2 4.0 2 9.0 5.0
11 ADRIAN PATIÑO, 1 2.0 1 10.5 7.0
12 HUGO MARTIN, 0 0.0 0 12.5 7.0

O vencedor foi o mellor xogador senior (mais de 55 anos) pero o trofeo levouno o quinto clasificado, tamén desta categoría.

27 de decembro de 2021

TORNEO DE NAVIDAD

Rodrigo Pena foi o vencedor da edición anual do Torneo de Navidad, na que participaban tres gañadores desta veterana proba de anos anteriores e a visita de Jesús Pallas que venceu neste torneo hai 50 anos.

A clasificación foi a seguinte:

1 RODRIGO PENA,     1646 4.5 8.0 4 12.5 14.5
2 JAVIER MAZAIRA,     2001 4 9.0 4 15.0 13.0
3 JORGE RODRIGUEZ,     2135 3.5 9.5 3 15.5 11.5
4 JOSE FERNANDEZ OTERO,  1636 3 7.0 3 11.5 10.0
5 MARTIN HERVADA,     1405 3 6.5 2 12.0 7.0
6 FE4RNANDO LOUSADA, 2.5 8.0 2 14.5 8.5
7 NOA GARCIA MUÑOZ,     1196 2.5 7.0 1 12.0 5.5
8 GONZALO CAMBON TRIGO, 2 8.0 1 13.5 7.0
9 BRAIS CASAS PERES,     1405 2 7.0 1 12.0 4.0
10 DANIEL CODESIDO,     1626 2 6.0 2 9.5 5.0
11 ADRIAN QUEVEDO,         1 7.5 0 14.0 4.0

24 de decembro de 2021

TORNEO LUDO ACTIVO

DOMINGO 26 - XADREZ ACTIVO
.

1. Participantes.
Poderán participar nesta proba os xadrecistas que o desexen. Só haberá 20 prazas. Os xogadores deberán ter a licenza federativa ou ben ser socios do Sporting Club Casino. 
2. Modalidade.
Xogaranse cinco partidas en sistema suizo.
3. Ritmo de xogo.
Haberá 15 minutos de tempo por xogador. 
4. Lugar. 
Sporting Club Casino - Rúa Real - 4ª Planta
5. Horario.
1ª Rolda: 18,30 xogándose a continuación as seguintes.
6. Premios.
Trofeo para os tres primeiros clasificados e para os tres mellores da categoría senior (55 anos ou mais).
7. Inscricións.
A inscrición é de 3 euros, sendo gratuita para socios de AGAX e do Sporting Club Casino.
Como en anos pasados solicitamos unha doazón de alimentos non perecedeiros.
Para inscribirse manda un correo electrónico co nome completo, idade e club a correo@agax.org

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 

Advertencia 1: Os participantes (ou os seus titores) autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa aparición nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Os participantes recibirán un correo confirmando a inscrición co documento de aceptación de risco dacordo cos protocolos anti-COVID presentes na páxina da Federación Galega de Xadrez.

16 de decembro de 2021

LXIII TORNEO DE NAVIDAD

LXXIII TORNEO DE AJEDREZ DE NAVIDAD

Como o resto de actividades dende a COVID, seguemos con un modelo atípico. A actividade ten a condición de adestramento / partidas amigables federadas, polo que é obrigatorio contar coa licenza federativa de 2021.

ASPECTOS ESPECIAIS POLA COVID
Será de aplicación a normativa de prevención antiCOVID de adestramentos da Federación Galega de Xadrez. As seguintes normas tamén serán de aplicación en tanto complementan algunhas das anteriores e non as limitan. 
1. É obrigatorio levar posta unha máscara en todo momento. Non estará permitido comer ou beber na sala de xogo. 
2. É obrigatorio o uso do xel na entrada da sala. Así mesmo deberá usarse sempre que as mans entren en contacto con superficies non desinfectadas e especialmente tras tocar as pezas manipuladas anteriormente polo rival (no caso das capturas). Colocaremos xel en cada mesa, sendo aconsellable en calquera caso que cada xogador leve un.
3. Os xogadores non permanecerán na sala de xogo mais tempo do necesario para xogar a partida. Polo tanto non haberá análise posterior. Tampouco poderán pasear pola sala.
4. Os xogadores non deberán darse a man ao inicio ou fin da partida. 
5. Antes de entrar na sala medirase a temperatura dos participantes.
6. Os aspectos aqui expostos poden verse complementados, antes e durante o torneo co fin de garantir na medida do posible unha actividade segura.

Este Torneo naceu en 1948. En 2021 será a súa LXXIII edición.

DATA CELEBRACIÓN: Domingo 19 de decembro. Quedou instaurado hai dous anos a súa celebración no domingo anterior ao día de Noiteboa.

HORARIO TORNEO:
Este ano sería de ritmo mais rápido 10+3
Roldas: 19,30 / 19,50 / 20,10 / 20,30 / 20,50.

LOCAL DE XOGO: Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos. 
 
SISTEMA: Torneos por sistema Suízo. Desempate por sorteo tras a última rolda.

CATEGORIA: Amigable sen categorías. Non válido para ELO.

PREMIOS: Trofeos para os tres primeiros.
Daremos unha máscara anti COVID a todos os participantes.

COTA DE PARTICIPACION: A inscrición é de balde. Como en anos pasados solicitamos unha doazón de alimentos non perecedeiros.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 

Advertencia 1: Os participantes (ou os seus titores) autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa aparición nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Os participantes deberán achegar asinado o documento de aceptación de risco dacordo cos protocolos anti-COVID presentes na páxina da Federación Galega de Xadrez. 

10 de decembro de 2021

CIRCUITO DAS MARIÑAS

O Circuito Xadrez das Mariñas iniciou en setembro coa celebración da primeira edición do Torneo do Temple.

Tíñamos pensado facer varios mais valedeiros para ELO, pensando en que melloraría a situación COVID, pero ante a situación actual os torneos serán mais modestos e prolongaranse durante a tempada 2021-2022.

Os torneos valedeiros neste primeiro cuatrimestre son estes:

1. I Torneo do Temple.

2. Copa González March.

3. LXXIII Torneo de Navidad.

4. I Torneo Nadal en Cambre.

Puntúan para o Circuito os cinco primeiros de cada proba.

Nos torneos a celebrar no mes de decembro entregaremos unha máscara con motivo de xadrez aos participantes.

A participación non supón ningunha obriga a maiores para os participantes nos torneos.

Tampouco é que teñamos premios moi especiais; teremos un trofeo para o campión e entregaremos aos cinco primeiros sudadeiras de AGAX.

Por outro lado tamén faremos algunhas promocións para fomentar a participación nas probas nestes tempos de COVID. 

E se queres recibir unha camisola de xadrez, outra máscara e axudar á nosa actividade, faite socio da nosa entidade aqui PREME

7 de decembro de 2021

Fran Pedreira gaña o Torneo Ludo Lostrego

Fran Pedreira
foi o vencedor do XVI Torneo Ludo Lóstrego que se desenvolveu este pasado sábado.
O torneo xogábase polo novedoso sistema de "rei de mesa".

A clasificación foi a seguinte:

1. Francisco Pedreira 12 puntos
2. Martín Hervsda 9 puntos
3. Marcos Martínez 8 puntos
4. Rodrigo Pena 6 puntos
5. Fernando Recamán 6 puntos
6. Ernesto Pérez 5 puntos
7. Daniel Codesido 4 puntos
8. Luis Patiño 2 puntos
9. Rubén Troiteiro 2 puntos
10. Guillermo Esteban 1 punto

Disputáronse un total de 55 partidas e a experiencia parece recomendar a súa repetición no futuro cando a COVID permita unha práctica mais normal.

Con esta proba os mellores de AGAX na presente temapada son os seguintes: