10 de decembro de 2021

CIRCUITO DAS MARIÑAS

O Circuito Xadrez das Mariñas iniciou en setembro coa celebración da primeira edición do Torneo do Temple.

Tíñamos pensado facer varios mais valedeiros para ELO, pensando en que melloraría a situación COVID, pero ante a situación actual os torneos serán mais modestos e prolongaranse durante a tempada 2021-2022.

Os torneos valedeiros neste primeiro cuatrimestre son estes:

1. I Torneo do Temple.

2. Copa González March.

3. LXXIII Torneo de Navidad.

4. I Torneo Nadal en Cambre.

Puntúan para o Circuito os cinco primeiros de cada proba.

Nos torneos a celebrar no mes de decembro entregaremos unha máscara con motivo de xadrez aos participantes.

A participación non supón ningunha obriga a maiores para os participantes nos torneos.

Tampouco é que teñamos premios moi especiais; teremos un trofeo para o campión e entregaremos aos cinco primeiros sudadeiras de AGAX.

Por outro lado tamén faremos algunhas promocións para fomentar a participación nas probas nestes tempos de COVID. 

E se queres recibir unha camisola de xadrez, outra máscara e axudar á nosa actividade, faite socio da nosa entidade aqui PREME

Ningún comentario:

Publicar un comentario