O xogador Santiago Domínguez gañou o Torneo de Entroido celebrado ontes no Centro Universitario de Riazor. O cadro de honra estivo completado por Ernesto Pérez e Dani Mayo.
1. Santi Dominguez
2. Ernesto Pérez
3. Dani Mayo
4. Isidro Alfaro
5. Manuel García
12 de febreiro de 2013
11 de febreiro de 2013
Torneo de Entroido
Torneo de Entroido 2013
Luns 11 de febreiro
Centro Universitario de Riazor.
5 Roldas - Sistema Suizo
20 minutos por xogador
Inicio do Torneo: 17,30
Valedeiro para o Circuito de Semirrápidas
Cotas: 2 euros (1 para socios de AGAX)
Premios: Pequeno trofeo para os tres primeiros clasificados.
Este será o último torneo no que a xente pode facerse socia de AGAX e que conten os torneos anteriores no Circuito de Semirrápidas.
Luns 11 de febreiro
Centro Universitario de Riazor.
5 Roldas - Sistema Suizo
20 minutos por xogador
Inicio do Torneo: 17,30
Valedeiro para o Circuito de Semirrápidas
Cotas: 2 euros (1 para socios de AGAX)
Premios: Pequeno trofeo para os tres primeiros clasificados.
Este será o último torneo no que a xente pode facerse socia de AGAX e que conten os torneos anteriores no Circuito de Semirrápidas.
1 de febreiro de 2013
Hoxe venres Torneo de Xadrez Marsellés
O Xadrez Marsellés apareceu por primeira vez publicado no periódico local marsellés Le Soleil, en 1925. Foi moi popular na década de 1930, cando o xogaron grandes mestres como Alekhine, Réti ou Znosko Borovsky.
En cada quenda, un xogador pode mover unha peza dúas veces ou mover dúas pezas diferentes.
O enroque considérase un único movemento.
Se un xogador dá xaque no seu primeiro movemento, perde a posibilidade de facer un segundo movemento nesa quenda.
Se un xogador está en xaque, está obrigado a evitalo no primeiro movemento do quenda.
Non se permite mover o rei a xaque no primeiro movemento da quenda, aínda que se poida quitar de xaque no segundo.
Permítese a captura ao paso, incluso se o xogador moveu o peón na primeira xogada da quenda. Pero a captura ao paso débese facer na primeira xogada da quenda. Sería posible capturar dous peóns ao paso.
En 1963 Robert Bruce estableceu que as brancas só podían facer un movemento na primeira quenda, para equilibrar o xogo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)