29 de maio de 2024

Situación do Circuíto

Tras os últimos torneos e sabendo que non hai mais probas en maio computables, traemos aquí a situación do ranking.

O trío de cabeza non cambiou tras os cinco primeiros meses do ano; Marcos Martínez, Iago Soto e Alberto Sánchez manteñen os seus postos na cabeza.

No trimestre que queda teremos varias probas, asi que todo pode cambiar.

Xa temos mais de medio centenar de xogadores que lograran puntuar nas diferentes probas realizadas dende o 1 de setembro de 2023.



27 de maio de 2024

Resultado Rosales

Moi interesante o torneo realizado pola Asociación de Veciños no espazo de xadrez do Centro Comercial Los Rosales. Xuntáronse xogadores federados e non federados de distintas idades.

Os 18 xogadores competiron nun grupo único aínda que houbo trofeos para os tres primeiros de cada categoría e tamén medallas para todos e un pequeno agasallo para os sub14.

Unha grande iniciativa da Asociación de Veciños que sería ideal que fose replicada noutras asociacións.

A clasificación final foi a seguinte:

1 PABLO ESPARRAGO, ABS 4 14.0 11.0 16.0 4
2 OLIVER SANCHEZ, S14 4 13.0 9.5 14.5 4
3 ALBERTO SANCHEZ, ABS 4 12.0 10.0 17.0 4
4 FELIX GONZALEZ, ABS 4 10.0 6.5 11.0 4
5 ROMAN FANDIÑO, S14 3.5 9.5 4.5 8.5 3
6 GUILLE FENTE, S14 3 10.0 10.5 15.5 3
7 ETHAN HERITAGE, ABS 3 9.0 9.0 14.0 3
8 NUNO MORO, S14 3 9.0 8.0 13.0 3
9 JULIO CAÑAS, ABS 3 8.0 5.0 9.5 3
10 XURXO SUAREZ, S14 3 7.0 7.0 10.5 3
11 GABRIEL GURTIN, ABS 3 6.0 3.0 6.5 3
12 DIEGO REBOIRAS, S14 2.5 8.5 8.5 13.0 2
13 VICTOR MENDEZ, S14 1 5.0 9.5 16.5 1
14 CARLOS MARIA RODRIGUEZ, ABA 1 5.0 8.5 13.0 1
15 FRANCISCO DIAZ, ABS 1 4.0 9.0 13.0 1
16 FACUNDO YUFFRIDA, ABS 1 3.0 9.5 14.0 1
17 LEO MORANO, S14 0.5 1.0 7.0 11.5 0
18 MARTIN ALVAREZ, S14 0.5 1.0 4.5 8.0 0

22 de maio de 2024

Torneo AAVV Rosales

Este sábado a AA.VV Rosales celebra o torneo de xadrez das súas festas do barrio.

Imos colaborar con eles axudando na organización e na difusión.

Será ás 11,00 no Centro Comercial Los Rosales. E a inscrición remata mañá.

A información do Torneo e o xeito de inscrición están na súa web:

PREME