A inmadurez está a ser un dos graves problemas de Alireza Firouzja, de 19 anos, que onte non se acostou na cama até pasadas as 6:00 da mañan. Poderíamos pensar que a noite madrileña confundiulle e pasou das botellas de auga aos "roncolas". Sen embargo, isto está moi lonxe da realidade. O certo é que o iraní tirouse case 6 horas e máis de 250 partidas xogando Ultrabullet contra o comentarista de chess.com GM Daniel Naroditsky. As partidas, que eran públicas, foron seguidas por moitos usuarios ante a estufacción xeneralizada de ver como ao día seguinte tiña un enfrentamento contra o líder Ian Nepomniachtchi. Como non podía ser doutra forma, o encontro saldouse coa vitoria do ruso. Un g4 e h4 rápido e pouco profundo por parte do xoven xadrecista, unido as xogadas precisas do anterior gañador do Candidatos, precipitou este resultado. Con todo, o Torneo está decidido, salvo sorpresa que parece certamente imposible. O propio Nakamura estaba sorprendido pola decisión de Firouzja de xogar a este ritmos onte porque, dixo o americano, "non aporta nada ao teu xogo, e máis, perxudica gravemente a concentración e preparación. Non é o mesmo xogar o Martes de Titulados pois hai xogadores duros como Andreikin ou Salem e tes máis tempo para analizar e reflexionar que xogar Ultrabullet." Incluso puidose ver ao iraní xogando "desganado" e bostezando en varios intres da partida, denotando o cansancio que tiña. Veremos se o xoven prodixio segue a tirar pola borda todo o traballo del e do seu equipo de analistas ou entende que non pode perder máis ELO. Non obstante, hai que comprender que é realmente duro ser o claro candidato a gañar o Torneo e estar último, perdendo posicións moi favorables.
Outra das sorpresas foi a remontada estelar do chinés Ding Liren, do que tendes unha entrevista na nosa canle de YouTube: AGAX. O xogador con máis ELO do torneo está a comprender as posicións como ninguén máis, a excepción de Nepo. Con esta última vitoria contra Fabiano Caruana asentase nunha segunda praza que vía fai varias xornadas como un imposible. O americano que estaba loitando cóbado a cóbado con Ian pasa a 4º lugar con ½ de 4 últimas roldas. A importancia deste resultado deriva en que se Magnus Carlsen decide non revalidar o seu título, o enfrontamento no Campionato do Mundo sería entre o primeiro e o segundo clasificado neste Torneo de Candidatos. Actualmente, se Magnus non xoga, Ian Nepomniachtchi e Ding Liren loitarían polo trono mundial do xadrez o ano que ven.
Así, os resultados tras 11 roldas son os seguintes:
Posición
|
Nome
|
Puntuación
|
ELO
|
1
|
Nepomniachtchi, Ian
|
8/11
|
2766
|
2
|
Ding, Liren
|
6½/11
|
2806
|
3
|
Nakamura, Hikaru
|
6/11
|
2760
|
4
|
Caruana, Fabiano
|
5½/11
|
2783
|
5
|
Radjabov, Teimour
|
5/11
|
2753
|
6
|
Duda, Jan-Krzysztof
|
4½/11
|
2750
|
7
|
Rapport, Richard
|
4½/11
|
2764
|
8
|
Firouzja, Alireza
|
4/11
|
2793
|