1 de xullo de 2022

A irresponsabilidade de Firouzja permite a Nepo poder ser campión mañán

 A inmadurez está a ser un dos graves problemas de Alireza Firouzja, de 19 anos, que onte non se acostou na cama até pasadas as 6:00 da mañan. Poderíamos pensar que a noite madrileña confundiulle e pasou das botellas de auga aos "roncolas". Sen embargo, isto está moi lonxe da realidade. O certo é que o iraní tirouse case 6 horas e máis de 250 partidas xogando Ultrabullet contra o comentarista de chess.com GM Daniel Naroditsky. As partidas, que eran públicas, foron seguidas por moitos usuarios ante a estufacción xeneralizada de ver como ao día seguinte tiña un enfrentamento contra o líder Ian Nepomniachtchi. Como non podía ser doutra forma, o encontro saldouse coa vitoria do ruso. Un g4 e h4 rápido e pouco profundo por parte do xoven xadrecista, unido as xogadas precisas do anterior gañador do Candidatos, precipitou este resultado. Con todo, o Torneo está decidido, salvo sorpresa que parece certamente imposible. O propio Nakamura estaba sorprendido pola decisión de Firouzja de xogar a este ritmos onte porque, dixo o americano, "non aporta nada ao teu xogo, e máis, perxudica gravemente a concentración e preparación. Non é o mesmo xogar o Martes de Titulados pois hai xogadores duros como Andreikin ou Salem e tes máis tempo para analizar e reflexionar que xogar Ultrabullet." Incluso puidose ver ao iraní xogando "desganado" e bostezando en varios intres da partida, denotando o cansancio que tiña. Veremos se o xoven prodixio segue a tirar pola borda todo o traballo del e do seu equipo de analistas ou entende que non pode perder máis ELO. Non obstante, hai que comprender que é realmente duro ser o claro candidato a gañar o Torneo e estar último, perdendo posicións moi favorables. 


Outra das sorpresas foi a remontada estelar do chinés Ding Liren, do que tendes unha entrevista na nosa canle de YouTube: AGAX. O xogador con máis ELO do torneo está a comprender as posicións como ninguén máis, a excepción de Nepo. Con esta última vitoria contra Fabiano Caruana asentase nunha segunda praza que vía fai varias xornadas como un imposible. O americano que estaba loitando cóbado a cóbado con Ian pasa a 4º lugar con ½ de 4 últimas roldas. A importancia deste resultado deriva en que se Magnus Carlsen decide non revalidar o seu título, o enfrontamento no Campionato do Mundo sería entre o primeiro e o segundo clasificado neste Torneo de Candidatos. Actualmente, se Magnus non xoga, Ian Nepomniachtchi e Ding Liren loitarían polo trono mundial do xadrez o ano que ven. 


Así, os resultados tras 11 roldas son os seguintes: 

Posición

Nome

Puntuación

ELO

1

Nepomniachtchi, Ian   

8/11

2766

2

Ding, Liren 

6½/11

2806

3

Nakamura, Hikaru 

6/11

2760

4

Caruana, Fabiano 

5½/11

2783

5

Radjabov, Teimour 

5/11

2753

6

Duda, Jan-Krzysztof 

4½/11

2750

7

Rapport, Richard 

4½/11

2764

8

Firouzja, Alireza 

4/11

2793


Ningún comentario:

Publicar un comentario