Ian Nepomniachtchi logra salvar unha posición difícil contra o seu perseguidor, Fabiano Caruana, e consegue manter unha xornada máis a ampla ventaxa que posúe. O ruso tivo que remar contracorrente para igualar a posición. Tras o Ch4 e a posterior Da4, o americano tiña unha oportunidade única para poñerse en cabeza da clasificación. Sen embargo, unha imprecisión de Fabi na valoración da posición tras un intercambio de pezas impedía que se pasaran das tablas. Con todo, Nepo xa xoga coa calculadora na man, consciente das chances que ten para conseguir esa plaza para o Campionato do Mundo.
Pola súa contra, esta rolda 9 deixounos a primeira vitoria dos favoritos antes de comezar o torneo, tanto do chinés Ding Liren como do franco-iraní Firouzja. Ambolos dous conseguiron quitar a espiña que tiñan crabada e fixeronse co triunfo ante Duda e Rapport, respectivamente. A pesar destas vitorias, encóntranse moi lonxe do líder do torneo, Ian Nepomniachtchi.
Así, os resultados tras a 9ª Rolda son os seguintes:
Posición |
Nome |
Puntuación |
ELO |
1 |
Nepomniachtchi, Ian |
6½/9 |
2766 |
2 |
Caruana, Fabiano |
5½/9 |
2783 |
3 |
Nakamura, Hikaru |
4½/9 |
2760 |
4 |
Ding, Liren |
4½/9 |
2806 |
5 |
Rapport, Richard |
4/9 |
2764 |
6 |
Firouzja, Alireza |
4/9 |
2793 |
7 |
Radjabov, Teimour |
4/9 |
2753 |
8 |
Duda, Jan-Krzysztof |
3/9 |
2750 |
Ningún comentario:
Publicar un comentario