21 de outubro de 2013

Carlos Castedo gaña o Torneo FischerRandom

Empate na cabeza do Torneo FischerRandom entre Carlos Castedo e José Manuel Andión, no que os sistemas de desempate favoreceron ao primeiro.

1. Carlos Castedo
2. José Manuel Andión
3. Dani Mayo
4. Santiago Dominguez
5. Ernesto Pérez
6. Dani Codesido
7. Manuel Andión

18 de outubro de 2013

18 de outubro: Torneo FischerRandom

Hoxe 18 de outubro no CUR teremos a edición anual do Torneo de Xadrez FischerRandom.

O xadrez FischerRandom é unha variante do xadrez proposta por Bobby Fischer na que a posición de saída das pezas determínase aleatoriamente, aínda que con certas restricións. Foi oficilmente anunciado o 19 de xuño de 1996, na cidade de La Plata, Arxentina, se ben en AGAX xogarase case un ano antes a raíz dunha proposta de Fischer nunha entrevista.

O xadrez aleatorio de Fischer, conserva case todas as regras do xadrez, pero altera a disposición inicial das pezas e as regras do enroque. A meta de Fischer era crear unha variante do xadrez onde a creatividade e talento dos xogadores fosen máis importantes que a habilidade de memorizar e analizar aperturas predeterminadas.

O achegue de Fischer ao Xadrez Aleatorio xa existente, foi o de impor restricións á colocación azarosa das pezas; en especial á disposición do rei e as torres coa intención de permitir os enroques.

14 de outubro de 2013

Santiago Domínguez gaña o Campionato de Rápidas de AGAX

Celebrado o pasado 11 de outubro, o Torneo de Rápidas de AGAX tivo como vencedor a Santiago Domínguez empatado a puntos con José Manuel Andión.

1. Santiago Domínguez
2. José Manuel Andión
3. Ernesto Pérez
4. Adriano Todaro
5. Diego García-Muñoz
6. Alejandro de León
7. Manuel Andión

Circuito de xadrez dos primeiros luns de mes

Palaestra - Xogos: Circuito de xadrez dos primeiros luns de mes: A Sociedade Cultural e Deportiva Palaestra organiza esta nova actividade consistente nun torneo de partidas rápidas todos os meses. En pr...

7 de outubro de 2013

O Gran Mestre Ibragim Khamrakulov gaña o XIX Torneo Virxe do Rosario de Xadrez

O XIX Torneo Virxe do Rosario contou coa presencia de dous grandes mestres, Strikovic que gañara a edición anterior e Ibragim Khamrakulov, xogador que en 1998 foi o campión do mundo sub16 e campión asiático xuvenil.  O xogador, nacionalizado español, totalizou 5.5 puntos os mesmos que Strikovic.

1. GM Ibragim Khamrakulov 5.5 puntos
2. GM Aleksa Strikovic 5.5 puntos
3. MF Marcial García Carbo 4.5 puntos
4. José Luis Fernández Saavedra 4.5 puntos
5. José Sande Edreira 4.5 puntos
6. MF Antonio Pazos Porta 4 puntos
7. Rafael Alonso 4 puntos
8. Walter López 4 puntos
9. José Sánchez 4 puntos
10. Francisco Pedreira Giralda 4 puntos
11. Carlos Pena 4 puntos
12. Santiago Dominguez 3.5 puntos
13. Fernando Sánchez 3 puntos
14. Marcos Laíño Ordóñez 3 puntos
15. Julián del Río Rey 3 puntos
16. José Carlos Eiriz 3 puntos
17. Gonzalo Saavedra Santiago 3 puntos
18. Javier Mazaira Alba 3 puntos
19. Carlos de Pablos Arribas 3 puntos
20. Adriano Todaro 3 puntos
21. Diego Bugliot 3 puntos
22. Miguel Tomé Vázquez 3 puntos
23. Rodrigo Julio López Roble 3 puntos
24. Angel de Blas 2 puntos
25. Luis Carlos Martínez 2 puntos
26. Manuel García 2 puntos
27. Daniel Pousada Estevez 2 puntos
28. Alberto Souto 2 puntos
29. Esteban Fidalgo 2 puntos
30. Antonio Hidalgo Romero 2 puntos
31. Roberto Blandón 1 puntos
32. Marco Melilli 1 puntos
33. Francisco Javier iglesias 1 puntos

6 de outubro de 2013

Sabela Iglesias gaña o torneo infantil do XIX Torneo Virxe do Rosario

Sabela Iglesias gañou o torneo infantil (sub12) do XIX Torneo Virxe do Rosario de Xadrez. Esta foi a primeira vez que se celebraba esta proba separada do resto de competición e seguramente se manterá no futuro.

1.Sabela Iglesias González 5 puntos
2.Brais Hidalgo Mera 5 puntos
3.Alba Souto Parga 5 puntos
4.Andres Gento Blanco 4 puntos
5.Iago Hidalgo Mera 4 puntos
6.Hugo Souto Parga 3.5 puntos
7.Sergio Pousada García 3.5 puntos
8.Ana Varela Dios 3 puntos
9.Auria Chouciño 3 puntos
10.Julio Regueira Prats 3 puntos
11.Guillermo Regueira Prats 3 puntos
12.Carlos Azpiricueta 2.5 puntos
13.Roque Chouciño 2.5 puntos
14.Patricia Couceiro Naveira 2.5 puntos
15.Isabel Rial 2 puntos
16.Claudia González Redondo 1.5 puntos
17.Gabriela Azpiricueta 1 puntos

5 de outubro de 2013

Angel de Blas venceu no Torneo de Rápidas do XIX Torneo Virxe do Rosario

Angel de Blas venceu na modalidade de rápidas do Torneo Virxe do Rosario, que para evitar problemas de tempo se celebrou o venres en vez de o domingo co resto da proba.

1. Angel de Blas 4 puntos
2. Ernesto Pérez 4 puntos
3. Dani Mayo 3 puntos
4. Esteban Fidalgo 3 puntos
5. Dani Codesido 3 puntos
6. Manuel Andión 2 puntos
7. Emilio Santos 1 puntos

4 de outubro de 2013

XIX TORNEO VIRXE DO ROSARIO

Torneo Previo de partidas a 5 minutos: 4 de outubro ás 20,00 en Sporting Club Casino (4ª planta).

Torneo de partidas a 15 minutos: 6 de outubro ás 17,00 en Sporting Club Casino (1ª planta).

As inscricións en ambos son gratuítas. O ano pasado as cinco roldas quedaron curtas polo que este ano xógase a 6. Inscripcións e dúbidas no correo electrónico correo@agax.org ou no teléfono 981 150 168

TORNEO DE PARTIDAS A 5 MINUTOS

6 Roldas: 20,00 20,15 20,30 20,45 21,00 21,15

Premio para o Primeiro clasificado: Trofeo (entregarase na clausura do torneo principal)

TORNEO DE PARTIDAS A 15 MINUTOS

6 Roldas: 17,00  17,30  18,00  18,30  19,00  19,30

Os xogadores serán distribuídos en dúas categorías: Infantil (sub12) e absoluta.

Premios:

Primeiro clasificado absoluto do Torneo: Trofeo + 70 euros
Segundo clasificado absoluto do Torneo: Trofeo + 60 euros
Terceiro clasificado absoluto do Torneo: Trofeo + 50 euros
Cuarto clasificado absoluto do Torneo: 40 euros
Quinto clasificado absoluto do Torneo: 30 euros

Primeiro clasificado do Torneo sub12: Trofeo
Segundo clasificado do Torneo sub12: Trofeo
Terceiro clasificado do Torneo sub12: Trofeo

Todos os participantes recibirán un pequeno agasallo do seu paso polo Torneo.

ACTO DE CLAUSURA: 20,30 coa entrega de trofeos. Duración prevista 20 minutos.