5 de xuño de 2026

Torneo de Xadrez de Primavera 2026 no Centro Comercial Los Rosales



¡Boas noticias para toda a comunidade xadrecista! O vindeiro sábado 13 de xuño de 2026 celebraremos unha nova edición do noso tradicional Torneo de Xadrez de Primavera. Unha cita perfecta para desfrutar do taboleiro en familia e poñer a proba as vosas habilidades.

Esta actividade está organizada conxuntamente polo Centro Comercial Los Rosales, a SCD Palaestra e a Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX), contando coa valiosa colaboración do Concello da Coruña.



Bases do Torneo

  • Data: Sábado, 13 de xuño de 2026.
  • Lugar: Centro Comercial Los Rosales (A Coruña).
  • Local: Escola de Xadrez (primeiro andar).
  • Hora de inicio: 17:00 h.
  • Entrega de premios (aprox.): 19:50 h.
  • Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.
  • Ritmo de xogo: 15 minutos a finish. (A organización poderá deixar certas categorías sen reloxo, colocándoo só en caso de que a partida se alongue en exceso).
  • Desempates: Sortearase xusto despois de rematar a derradeira rolda.
  • Categorías: Absoluta, Sub-14, Sub-12, Sub-10 e Sub-8. (A organización resérvase o dereito de xuntar categorías se non se acada un mínimo de participantes).
  • Límite de prazas: 48 participantes (estudaranse ampliacións segundo a demanda).

Cota de inscrición e Acción Solidaria

A inscrición é totalmente de balde (gratuíta). Porén, fiel ao noso compromiso social, agradeceremos que cada participante colabore aportando un quilo de pasta ou de arroz no momento do torneo, que irá destinado ás nosas habituais actividades solidarias.


🏆 Premios

  • 1º, 2º e 3º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
  • Medalla conmemorativa para todos os participantes de categoría Sub-14.

📝 Inscricións

As inscricións tramitaranse exclusivamente de xeito en liña a través do formulario oficial de ChessManager no seguinte enlace:

👉 PREME AQUÍ PARA INSCRIBIRTE


Advertencia legal (Imaxe e datos): Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, listaxes de participantes, etc.), así como a súa presenza nas fotografías realizadas coas mesmas finalidades comunicativas. A inscrición e participación no torneo leva aparellada a total aceptación destas normas.