14 de agosto de 2019

I TORNEO DO ARENTEIRO

A Asociación Galega de Axedrecistas cumpre o día 1 de setembro 30 anos.

E pareceunos interesante celebrar esta data redonda nun dos lugares onde se xestou a asociación; O Carballiño.

Con este motivo invitamos a todos os simpatizantes a coñecer a vila do Arenteiro e a participar no I Torneo de Xadrez do Arenteiro.

Damos as grazas aos colaboradores Casino do Carballiño, Confitería Cerviño e Hotel Arenteiro pola súa axuda para esta actividade.

Nome do Torneo: I TORNEO DO ARENTEIRO

Data: 1 de setembro de 2019.

Lugar: Casino do Carballiño

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 20,00.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categoría do Torneo: Amigable, NON valedoiro para ELO FIDE. Válido para Circuito AGAX.

Categorías: Absoluta, Sub16, Sub12, Sub8 e Mellor xogador local.

Premios:

En cada categoría trofeo para o primeiro clasificado.
Agasallo para todos os participantes.

Cota: 1 euro. De balde para os socios do Casino do Carballiño e de AGAX.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME

1 de agosto de 2019

PEDRO ZURANO GAÑOU O TORNEO PAZO DE TOR

O xogador do Club Salou Pedro Zurano venceu na primeira edición do Torneo de Xadrez Pazo de Tor, no que seguindo a senda do iniciado en xuño no Museo Militar da Coruña, AGAX tenta levar o xadrez a espazos de cultura en Galicia.

Os fillos de Pedro, Eric e Hugo gañaron os trofeos correspondentes a mellor xogador sub10 e sub8 respectivamente.

Agardamos contar con todos o vindeiro ano e dar as grazas á Rede Museística da Provincia de Lugo e aos traballadores do Pazo de Tor en particular pola receptividade a esta proposta.

1 PEDRO ZURANO,   5 5 15.5 15.0 10.0
2 JUAN JOSE DIEGUEZ,   4 4 15.5 14.0 9.0
3 DANIEL CODESIDO,   4 4 13.0 12.0 7.5
4 JAVIER SANTANA,   4 4 12.5 11.0 8.0
5 JOSE LUIS CARRAJO,   3 3 15.5 9.0 9.0
6 DAVID PAEZ,   3 3 15.0 12.0 10.0
7 CESAR PEREZ,   3 3 13.5 10.0 7.0
8 DAVID CARRAJO,   3 3 11.0 9.0 6.5
9 LUIS RODRIGUEZ,   3 2 10.0 7.0 6.0
10 HECTOR RODRIGUEZ,   3 2 9.5 7.5 6.0
11 DOMINGO RODRIGUEZ,   2 2 12.0 6.0 6.5
12 ERIC ZURANO,   2 2 10.0 4.0 5.5
13 ANTON LORENZO,   2 2 9.0 6.0 5.5
14 JONATHAN FERNANDEZ,   2 1 14.5 7.0 8.5
15 JUAN CARLOS PEREZ VAZQUEZ,   2 0 15.5 4.5 8.5
16 CELSO NIEVES,   1.5 1 13.0 5.5 8.0
17 HUGO ZURANO,   1.5 0 12.0 3.5 7.5
18 BRAIS AGUIAR,   1 0 14.5 2.0 8.5
19 NOA LOPEZ FREIRIA,   1 0 13.5 5.0 7.5