O vindeiro domingo terá lugar o Torneo de Outono de Xadrez, organizado polo CIDU e que será o segundo dos Torneos do Circuito de Semirrápidas de AGAX.
A proba será a partir das 16,30 da tarde coincidindo coa celebración da Copa Galicia en categoría cadete.
Toda a información na web do CIDU
16 de novembro de 2012
2 de novembro de 2012
2 de novembro: Torneo FischerRandom
Escomezamos o Circuito de Xogos deste ano.
Hoxe venres 2 de novembro temos unha proba xa clásica no calendario de AGAX; o Torneo de Xadrez FischerRandom .
Tamen chamado Xadrez aleatorio de Fischer e Xadrez 960.
O xadrez FischerRandom é unha variante do xadrez proposta por Bobby Fischer na que a posición de saída das pezas determínase aleatoriamente, aínda que con certas restricións. Foi oficilmente anunciado o 19 de xuño de 1996, na cidade de La Plata, Arxentina, se ben en AGAX xogarase case un ano antes a raíz dunha proposta de Fischer nunha entrevista.
O xadrez aleatorio de Fischer, conserva case todas as regras do xadrez, pero altera a disposición inicial das pezas e as regras do enroque. A meta de Fischer era crear unha variante do xadrez onde a creatividade e talento dos xogadores fosen máis importantes que a habilidade de memorizar e analizar aperturas predeterminadas.
O achegue de Fischer ao Xadrez Aleatorio xa existente, foi o de impor restricións á colocación azarosa das pezas; en especial á disposición do rei e as torres coa intención de permitir os enroques.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)