25 de novembro de 2023

Resultados Torneo 50 anos

Na tarde do sábado realizamos unha actividade para conmemorar os 50 anos do primeiro torneo aberto por sistema suizo.

Marcos Martínez, do Casino, foi o vencedor do Torneo celebrado no CC Los Rosales.

Na segunda posición quedou Ramiro del Valle do ETX e terceiro Marcos Laíño do Sigrás.

A Clasificación final foi a seguinte:

1 Marcos Martínez,   1755  5 5 15.0 8.5 14.5
2 Ramiro del Valle,   1270  4 4 13.0 8.5 15.0
3 Marcos Laíño,   1594  4 4 12.0 7.5 13.5
4 Julio Traveso,   1316  3.5 3 12.0 9.0 16.0
5 Pablo Esparrago,     3.5 3 11.0 8.5 14.0
6 Ricardo Moreno,     3.5 3 10.0 9.0 15.0
7 Gonzalo López,  S14 1445  3 3 11.0 7.0 12.0
8 Alejandro Lopez,  S10 1211  3 3 9.0 8.5 14.5
9 Miguel Cintado,   1487  3 3 7.0 6.0 10.5
10 Jose Angel Rodriguez,   1602  3 2 8.5 7.5 13.0
11 Marco Marcote,  S10 1175  2.5 2 7.0 8.0 13.0
12 Felix López,   1338  2.5 2 6.0 7.0 12.5
13 Luis Miguel Burgos,   1188  2.5 2 5.5 7.0 10.5
14 Pablo Furelos,   1203  2 2 7.0 9.0 15.5
15 Antón Castro,  S12   2 2 7.0 8.5 14.0
16 David Novo,   1067  2 2 7.0 8.0 11.5
17 Zoe Rodriguez,  S10 1110  2 2 6.0 8.5 13.5
18 José Manuel Andión,   1217  2 2 6.0 7.5 11.0
19 Diego Rodriguez,  S12   2 2 4.0 6.5 10.0
20 Xoan Sande,  s12   2 1 6.0 6.5 11.5
21 Lucas Rodriguez,  S8   1.5 1 3.5 5.0 9.0
22 Franco Franco,  S14   1 1 5.0 6.0 9.5
23 Ruperto Garcia,   1314  0.5 0 1.5 5.5 9.0
24 Alfonso Fernandez,  S10   0 0 0.0 6.0 10.5

Anotados torneo de hoxe

Anotados ata hoxe para o torneo desta tarde. 

Aparecen por orde de inscrición.

Lembramos que as partidas comezan as 17,30. Pode anotrase xente ata o mesmo torneo sempre que non se cheguen aos 32 xogadores.

Para participar non é necesario estar federado.


1. Marco Marcote, S10 1175 SMYSLOV
2. Fernando José García, 1150 SIGRAS
3. Gonzalo López, S14 1445 CIDU
4. Marcos Laíño, 1594 SIGRAS
5. David Novo, 1067 ETX
6. Ramiro del Valle, 1270 ETX
7. José Manuel Andión, 1217 CIDU
8. Lucas Rodriguez, S8 ETX
9. Jose Angel Rodriguez, 1602 TUI
10. Alfonso Fernandez, S10 CIDU
11. Alejandro Lopez, S10 1211 AMES
12. Pablo Furelos, 1203 CIDU
13. Ruperto Garcia, 1314 XDM
14. Luis Miguel Burgos, 1188 ETX
15. Franco Franco, S14 CIDU
16. Diego Rodriguez, S12 CASINO
17. Zoe Rodriguez, S10 1110 TDFC
18. Miguel Cintado, 1487 ETX
19. Julio Traveso, 1316 ETX
20. Pablo Esparrago, CIDU

22 de novembro de 2023

Torneo 50 anos de suizos

Nun ano no que estamos a celebrar os 40 anos de xadrez nos Dominicos e a 75 edición do Torneo de Navidad, temos outra conmemoración, que se ben pode non ser tan interesante, no seu día marcou un pequeno logro; o de facer por primeira vez na cidade un torneo aberto coa modalidade de sistema suizo.

A modo de curiosidade aqui tes o que se publicaba hai 50 anos deste torneo:

Desde el próximo día 23 al 6 de abril, se celebrará en el Oza Juvenil de La Coruña el "I Trofeo Open" con la participación de alrededor de una treintena de jugadores. Por primera vez en La Coruña, la inscripción, pese a ser el torneo abierto, no será libre, ya que se efectuará una selección previa entre los posibles candidatos a intervenir.
De cualquier modo, el campeonato se jugará por un sistema suizo a siete rondas, siendo la primera vez que en la ciudad herculina se emplea el mentado sistema para una competición abierta.
Vista la gran labor que en el oza se viene desarrollando, y el incremento que en los últimos tiempos ha cobrado el ajedrez,no cabe duda que el certamen será un señalado éxito, por cuanto además se le dotará de importantes y valiosos premios.

E por este acontecemento a Asociación Galega de Xadrecistas convoca un torneo conmemorativo.

Nome do Torneo:
 50 ANOS DE SUIZOS NA CORUÑA

Data: 25 de novembro de 2023.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales.

Ritmo: 10' + 3''

Horario:

1ª Rolda: 17,30
2ª Rolda: 18,00
3ª Rolda: 18,30
4ª Rolda: 19,00
5ª Rolda: 19,30

ENTREGA DE TROFEOS ÁS 20,00

Premios:
Trofeos para os tres primeiros clasificados no torneo.
Tamén para o mellor das categorías sub14, sub12, sub10 e sub8.
Medalla para todos os participantes.

O trofeo é válido para o circuito AGAX.

Inscricións: Máximo 32 xogadores. 

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: A actividade realízase en colaboración co Centro Comercial Los Rosales que cubre o seguro obrigatorio polo que non é obrigatorio contar con licenza federativa de xadrez. 

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

18 de novembro de 2023

O P. Alejandro recibiu a placa de Socio de Honra.

O Padre Alejandro, que hai uns días foi nomeado socio de honra da nosa entidade por facer posible hai coarenta anos a creación do equipo de xadrez dos Dominicos, xerme tamén da nosa entidade, recibiu hoxe a placa de Socio de honra, que lle levou o Padre Equiza a León, onde actualmente reside.

O Padre Alejandro agradeceu o nomeamento e enviou un saúdo aos membros da nosa entidade.

15 de novembro de 2023

Situación do Circuíto

Alberto Sánchez, que non puntuara en ningunha das probas de setembro e outubro entra con forza na Lista do Circuíto e pasa ao primeiro posto.

Un total de 37 xogadores xa lograron puntuar neste Circuíto cando só levamos dous meses e medio de desernvolvemento.

14 de novembro de 2023

Resultados Copa AGAX e Tódolos Santos

O pasado día 1 celebramos a Copa AGAX e o Torneo Tódolos Santos, con estes resultados:

Copa AGAX

1ª Eliminatoria

Oliver S - Carlos C: 1-0
Alberto S - Juan V: 1-0
David P - Diego F: 1-0
Marco M - Jaime A: 1-0
Todas as partidas con vitoria das brancas

2ª Eliminatoria
Oliver S - Fernando G.: 0-1
Marco M - David P: 1-0

3ª Eliminatoria
Fernando G.- Alberto S.: 0-1

Final:
Marco - Alberto: 1/2 - 1/2

Dado que as táboas beneficiaban ao xogador de negras Alberto Sánchez é o campión da Copa AGAX deste 2023.

No Torneo Tódolos Santos ista foi a clasificación:

1 OLIVER SANCHEZ,     4 7.5 13.0 12.5 3
2 JUAN VINAGRE,     3.5 8.0 12.0 13.0 3
3 DAVID PEREZ,     3 7.5 9.0 12.5 3
4 ALBERTO SANCHEZ,     3 5.5 7.0 10.5 2
5 JAIME ARANGÜENA,     2.5 8.5 6.0 14.5 1
6 MARCO MARCOTE,     2 8.5 9.0 13.5 2
7 DIEGO FERNANDEZ,     2 7.5 3.0 12.0 1
8 FERNANDO GARCIA,     1 6.5 4.0 11.5 1
9 CARLOS CASTEDO,     1 4.0 2.0 4.0 1

5 de novembro de 2023

Novo socio de honra: Juan Carlos Losada

O pasado mes de outubro nomeamos dous novos socios de honra, ambos vinculados ao Colexio Dominicos que anda a celebrar os seus coarenta anos de xadrez.
Hoxe recibiu a placa acreditativa Juan Carlos Losada, polo apoio constante ao xadrez na súa traxectoria profesional.
Boa parte de que teñamos xadrez en Área Central (Santiago) e Centro Comercial Los Rosales, débese a súa presencia en ambos centros e o apoio que lle deu ao xogo-ciencia.
Con estes nomeamentos son seis as persoas que acadaron este recoñecemento nos nosos 34 anos de historia; Arturo Cornella, José Manuel "Pati" Blanco, Javier Novelle, Juan José Medín, Padre Alejandro e Juan Carlos Losada.
Grazas a todo eles e especialmente hoxe a Juan Carlos Losada por favorecer ao xadrez.