21 de outubro de 2026

Resultados VII Liga de Equipos Xadrez das Mariñas

🏁 O pasado sábado 17 de outubro disputouse na Casa da Cultura de Vila Concepción (Cambre) a VII Liga Xadrez das Mariñas por Equipos, organizada pola AGAX en colaboración co Clube Xadrez das Mariñas.

♟️ Arredor de 80 xogadores e xogadoras da comarca, repartidos en 16 equipos e dúas divisións, protagonizaron unha tarde de xadrez con moitos encontros igualados ata a última rolda.

Primeira División - VII Liga Xadrez das Mariñas

🏆 Campións, ascenso e descenso

  • Campión de Primeira División: Escola de Xadrez Sigras, que gañou os seus cinco encontros (5 de 5).
  • Campión de Segunda División: Escola Técnica de Xadrez (ETX), invicta, que se impuxo na final ao Smyslov Sada por 2,5-1,5.
  • ⬆️ Ascende a Primeira: Escola Técnica de Xadrez (ETX)
  • ⬇️ Descende a Segunda: AA.VV. Sigras

Primeira División

A Escola de Xadrez Sigras dominou de principio a fin: liderou o Grupo A con pleno de puntos, venceu ao Betanzos por 4-0 na rolda 4 e na final superou ao TDFC por 3-1. O ERLAC levou o bronce tras empatar 2-2 co Betanzos.

Clasificación final:

  1. 🥇 Escola de Xadrez Sigras
  2. 🥈 TDFC
  3. 🥉 ERLAC
  4. Betanzos
  5. Xadrez das Mariñas (XDM)
  6. Club Coruña A
  7. CIDU
  8. AA.VV. Sigras ⬇️
VII Liga Xadrez das Mariñas por Equipos

Segunda División

A Escola Técnica de Xadrez (ETX) gañou todos os seus encontros e selou o título e o ascenso na final contra o Smyslov Sada (2,5-1,5), que fora primeiro do Grupo A con pleno de vitorias. Completou o podio o Mirko.

Clasificación final:

  1. 🥇 Escola Técnica de Xadrez (ETX) ⬆️
  2. 🥈 Smyslov Sada
  3. 🥉 Mirko
  4. XDM-Monte Alto
  5. Club Coruña B
  6. Perillo
  7. Culleredo
  8. Compañía de María
Segunda División - VII Liga Xadrez das Mariñas

🤝 Agradecementos

Grazas ao Concello de Cambre pola cesión da Casa da Cultura de Vila Concepción e, de xeito especial, a María Luisa Fernández, concelleira de Deportes, polo seu apoio. Grazas tamén ao Clube Xadrez das Mariñas e a todos os clubs, capitáns, xogadores, xogadoras e familias que fixestes posible esta VII edición. Esta actividade contou co patrocinio da Deputación da Coruña.

Noraboa aos campións e vémonos na próxima Liga!

VII Liga Xadrez das Mariñas por Equipos

📌 Resultados completos (fase de grupos e fase final):
https://xdm.es/index.php/2026/10/21/resultados-vii-liga-xadrez-das-marinas-por-equipos/

5 de outubro de 2026

Copa AGAX e Torneo Tódolos santos

Cartel Torneos Copa AGAX e Tódolos Santos 2026

A Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) organiza o luns 2 de novembro de 2026 os torneos Copa AGAX e Tódolos Santos. Disputaranse no Centro Comercial Los Rosales, na planta 1, na Coruña.

Este formato naceu en 2019, co gallo do 30 aniversario da AGAX. Combina unha copa na que ninguén queda eliminado e un torneo por sistema suízo que se xogan ao mesmo tempo.

  • Data: luns 2 de novembro de 2026
  • Lugar: Centro Comercial Los Rosales, planta 1, A Coruña
  • Participantes: máximo 32 xogadores
  • Inscrición: gratuíta

Copa AGAX

A Copa AGAX xógase a unha partida de armageddon. As brancas teñen 5 minutos e as negras 4; en caso de táboas, gañan as negras.

Este ano ninguén queda eliminado: todos os xogadores xogan ata o final e sae a clasificación completa. Tras cada rolda, os que gañan seguen a xogar polos postos de arriba e os que perden polos de abaixo. Por exemplo, os gañadores da primeira rolda loitan polos postos 1–16 e os perdedores polos 17–32; na seguinte, cada grupo volve dividirse, ata que cada xogador ten o seu posto.

  • O cadro e as cores sortéanse. Desde a segunda partida procúrase alternar as cores.
  • Se hai menos de 32 inscritos, algúns xogadores descansan na primeira rolda e pasan directamente.
  • Unha vez feito o cadro non se modifica: se un xogador non se presenta a unha partida, pérdea e segue no cadro.
  • As roldas intercálanse co torneo suízo (ver horario).

Premios: trofeo para os tres primeiros clasificados e para o primeiro sub-10.

Torneo Tódolos Santos

O Torneo Tódolos Santos xógase por sistema suízo a 5 roldas, a un ritmo de 10 minutos con 2 segundos de incremento por xogada.

Premios: trofeo para os tres primeiros clasificados.

Horario

HoraCopa AGAXTódolos Santos
17:30–17:45Presentación e sorteo
17:451ª rolda
17:551ª rolda
18:202ª rolda
18:302ª rolda
18:553ª rolda
19:053ª rolda
19:304ª rolda
19:404ª rolda
20:055ª rolda
20:305ª rolda (final e resto de postos)
20:45Entrega de trofeos

Inscricións e normas

A inscrición é gratuíta e non é necesario ter licenza federativa. Faise só a través do formulario: https://forms.gle/CuBYWEKKnt1ESJiaA

  • As prazas limítanse a 32 xogadores, por orde de inscrición.
  • Os participantes autorizan a publicación dos seus datos persoais e de fotografías para a difusión do evento e dos resultados.
  • A organización poderá modificar estas bases se o considera necesario para o bo desenvolvemento da proba.

Edición anterior: Torneos Copa AGAX e Tódolos Santos 2025

2 de outubro de 2026

VII Liga de Equipos Xadrez das Mariñas

🎉 Este ano, en colaboración co Clube Xadrez das Mariñas, temos o pracer de organizar a VII Liga de Equipos Xadrez das Mariñas.

📅 A cita será o sábado 17 de outubro ás 17:00 h.

🧩 O torneo reunirá 16 equipos da zona das Mariñas —incluíndo A Coruña, Culleredo, Betanzos e Cambre— nun encontro interxeracional que contará con máis de 64 xogadores de todas as categorías.

VII Liga de Equipos Xadrez das Mariñas

📌 Queres saber máis? Consulta todos os detalles aquí:
https://xdm.es/index.php/2026/10/02/vii-liga-por-equipos-xadrez-das-marinas/

🤝 Esta actividade conta co patrocinio da Deputación da Coruña, que apoia o deporte e a convivencia na nosa comarca.

17 de setembro de 2026

Xadrez na túa praza

Xadrez na túa praza chega mañá, venres 18 de setembro, á Praza de Tabacos da Coruña, dentro da Semana da Mobilidade que organiza o Concello da Coruña do 16 ao 22 de setembro.


 

A cita é ás 17:00 horas e inclúe:

  • Actividade de difusión e xogo libre para todos os públicos.
  • Torneo blitz para pequenos e maiores.
  • Trofeos para os gañadores e medallas para todos os participantes.

Non faltes a esta tarde de xadrez ao aire libre no corazón da cidade!