5 de outubro de 2026

Copa AGAX e Torneo Tódolos santos

Cartel Torneos Copa AGAX e Tódolos Santos 2026

A Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) organiza o luns 2 de novembro de 2026 os torneos Copa AGAX e Tódolos Santos. Disputaranse no Centro Comercial Los Rosales, na planta 1, na Coruña.

Este formato naceu en 2019, co gallo do 30 aniversario da AGAX. Combina unha copa por eliminatorias e un torneo por sistema suízo que se xogan ao mesmo tempo.

  • Data: luns 2 de novembro de 2026
  • Lugar: Centro Comercial Los Rosales, planta 1, A Coruña
  • Participantes: máximo 32 xogadores
  • Inscrición: gratuíta

Copa AGAX

A Copa AGAX xógase por eliminatorias a unha partida de armageddon. As brancas teñen 5 minutos e as negras 4; en caso de táboas, gañan as negras. O cadro e as cores sortéanse. As roldas intercálanse co torneo suízo (ver horario).

Premios: trofeo para o campión e o subcampión.

Torneo Tódolos Santos

O Torneo Tódolos Santos xógase por sistema suízo a 5 roldas, a un ritmo de 10 minutos con 2 segundos de incremento por xogada.

Premios: trofeo para os tres primeiros clasificados.

Horario

HoraCopa AGAXTódolos Santos
17:30–17:45Presentación e sorteo
17:45Dezaseisavos de final
17:551ª rolda
18:20Oitavos de final
18:302ª rolda
18:55Cuartos de final
19:053ª rolda
19:30Semifinais
19:404ª rolda
20:055ª rolda
20:30Final
20:45Entrega de trofeos

Inscricións e normas

A inscrición é gratuíta e non é necesario ter licenza federativa. Faise só a través do formulario: https://forms.gle/CuBYWEKKnt1ESJiaA

  • As prazas limítanse a 32 xogadores, por orde de inscrición.
  • Os participantes autorizan a publicación dos seus datos persoais e de fotografías para a difusión do evento e dos resultados.
  • A organización poderá modificar estas bases se o considera necesario para o bo desenvolvemento da proba.

Edición anterior: Torneos Copa AGAX e Tódolos Santos 2025

Ningún comentario:

Publicar un comentario