29 de outubro de 2023

Copa AGAX 2023

No 2019 a Asociación Galega de Xadrecistas na celebración do o seu XXX Aniversario creou un novo formato para a Copa AGAX e o Torneo Tódolos Santos disputados de xeito simultáneo.

A idea segue a parecernos válida ao celebrar unha Copa por eliminatorias cun máximo de 32 xogadores que é o número ideal para este tipo de proba. Para evitar que os eliminados queden sen nada que facer xogaremos ao mesmo tempo un torneo por sistema suizo.

Nome do Torneo: COPA AGAX

Data: 1 de novembro de 2023.

Lugar: 4ª Planta do Sporting Club Casino - A Coruña.

Ritmo: Na Copa o sistema de xogo será por eliminatorias xogadas por Armagedón, no que as Brancas terán 5 minutos e Negras 4 minutos, sendo as táboas valoradas como vitoria das negras.

No Torneo Tódolos Santos o ritmo será de 15 minutos finish.

Sistema: A Copa realizarase por sorteo simple, tanto para o lugar no cadro como para as cores a empregar en cada partida. 

O torneo de complemento Tódolos Santos será un suizo a cinco roldas.

Horario:

O horario dos torneos facilita a participación simultánea nos dous torneos.

HORARIO COPA:
16,00 Presentación, 16,20 sorteo.
Decimoctavos: 16,30 Octavos: 17,15 Cuartos: 18,00 Semifinais: 18,45 Final B: 19,30 Final A: 20,15

HORARIO TORNEO TÓDOLOS SANTOS:
16,45 / 17,30 / 18,15 / 19,00 / 19,45

ENTREGA DE TROFEOS ÁS 20,30

Premios:
Trofeos para os dous primeiros clasificados da Copa AGAX.
Trofeo para os tres mellores do Torneo Suizo.

Inscricións: 3 euros (de balde para socios de AGAX). Faite socio... infórmate AQUI

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: Os xogadores seran socios do Sporting Club Casino ou contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado pode informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo na celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

28 de outubro de 2023

Novo socio de honra

Con motivo dos 40 anos de xadrez que está a celebrar o Colexio Dominicos a Asociación Galega de Xadrecistas aproveita a ocasión para un novo nomeamento de socios de honra.

AGAX tivo en boa parte a súa orixe neste centro educativo, así que co nomeamento do impulsor do seu equipo de xadrez, estamos tamén a recoñecer á persoa que facilitou a nosa propia existencia.

O Padre Alejandro Pérez García, que agora conta con 81 anos, na súa época de responsable do deporte no centro, promoveu a realización de varios torneos en cada curso e deu apoio en outubro de 1983 ao primeiro equipo escolar e en 1985 ao primeiro equipo federado do colexio.



27 de outubro de 2023

Estado do Circuíto das Mariñas

Temoa aquí a clasificación actual do Circuíto das Mariñas tras a celebración do Torneo Ludo.

Con este Torneo rematamos o mes de outubro. Iago Soto, Luca Grygar e Rodrigo Pena lideran agora a lista.

Novembro empezará o día 1 con dous torneos; Copa AGAX e Torneo Tódolos Santos.



19 de outubro de 2023

Circuito das Mariñas.

Tras o XVIII Ludo Lóstrego o Circuito das Mariñas pasa a estar encabezado pos dos xogadores do CIDU; Iago Soto e Luca Grygar.

O XVI Torneo Ludo deste sábado pode servir para clarificar as cousas e aumentar o número das persoas que xa lograron puntuar para o circuito (puntúan os 5 primeiros de cada proba).

9 de outubro de 2023

Circuito das Mariñas - Situación actual

Tras desenvolverse os Torneos do Rosario nas modalidades de 5 e 15 minutos a clasificación do Circuito das Mariñas está encabezada por Iago Soto.

Como sabedes é unha proba que premia con puntos aos cinco primeiros clasificados de cada unha das probas valedeiras.

Neste mes de outubro agardamos moitos cambios xa que o Club Ludo ten prevista a realización de dúas probas mais.


A clasificaión é a seguinte: