25 de setembro de 2023

Circuíto das Mariñas

O Circuito das Mariñas de Xadrez 2023 iniciou en setembro a súa actividade.
Vai durar todo o ano dende o 1 de setembro ata o 31 de agosto de 2024.
Puntúan para o Circuito os cinco primeiros de cada proba, con puntos á inversa da clasificación.
A participación non supón ningunha obriga a maiores para os participantes nos torneos.
Tampouco é que teñamos premios moi especiais;
Cada cuatrimestre teremos unha taza para o socio mellor clasificado e na clasificación final teremos un trofeo para o mellor socio e entregaremos aos tres primeiros socios suadoiros de AGAX.
Teremos tamén un circuito para os torneos online, independentemente deste.
E lembra que aquí tes toda a información para facerte socio... PREME
Aquí tes a situación actual:

1 de setembro de 2023

Asociarse en 2023 - 2024

Comezamos o periodo de asociación deste curso que iniciamos cumprindo hoxe 1 de setembro, 34 anos de rexistro administrativo da nosa entidade.

As cotas desta nova tempada 2023-2024 as cotas serán as seguintes:

COTAS ANUAIS 2023-2024
(01/09/2023- 31/08/2024)



Socio xeral: 10 euros

Socio xuvenil: euros (nados en 2006 ou seguintes)

Os socios recibirán: carnet, chaveiro e un libro de problemas básicos.


Axúdanos a seguir facendo mais xadrez!