25 de setembro de 2014

XX TORNEO VIRXE DO ROSARIO

O vindeiro sábado 4 de outubro o Sporting Club Casino albergará o Torneo Virxe do Rosario de Xadrez, a proba que abre na Asociación Galega de Axedrecistas o calendario da nova tempada.

O torneo, que este ano cumpre vinte anos, converteuse nun individuais máis concorridos da cidade da Coruña e na pasada edición de 2013 as dúas primeiras prazas foron para os Grandes Mestres Karakulov e Strikovik.

A inscrición na proba é gratuíta e haberá trofeos para o tres primeiros clasificados adultos e o tres primeiros clasificados sub14. Ademais haberá uns pequenos premios en metálico para o cinco primeiros en categoría absoluta.

DATA CELEBRACIÓN: Sábado 4 de outubro de 2014

HORARIO: 17,00 a 20,00. (17,00 / 17,30 / 18,00 / 18,30 / 19,00 / 19,30)

SEDE DO TORNEO: Sporting Club Casino.

NUMERO DE ROLDAS: 6

RITMO DE XOGO: 15 minutos.

SISTEMA: Suízo a 6 roldas

SISTEMAS DE DESEMPATE: Sortearase tras a última rolda.

CATEGORIAS: Infantil (sub14) e absoluta.

ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA: Torneo de rápidas o venres anterior, ás 20,00.

INSCRICIÓNS E INFORMACION: As inscricións son gratuítas. correo@agax.org ou en 981
150 168

ACTO DE CLAUSURA: 20,30 con entrega de trofeos e sorteo. Duración prevista 20 minutos.