20 de maio de 2019

TORNEO DE XADREZ MUSEO MILITAR

A Asociación Galega de Axedrecistas e a Asociación de Historia y Cultura Militar Noroeste organizarán no Museo Histórico Militar da Coruña o I Torneo de Xadrez Museo Militar, co patrocinio da Asociación de Historia y Cultura Militar Noroeste e o Cuartel General de la Fuerza Logística Operativa.

Nome do Torneo: I TORNEO XADREZ MUSEO MILITAR

Data: 15 de xuño de 2019.

Lugar: Museo Histórico Militar da Coruña, Pza. de Carlos I s/n 15001 A Coruña.

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 20,00.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Horario das roldas: 17,10 / 17,45 / 18,20 / 18,55 / 19,30.

Categorías: Absoluta e Sub14.

Premios:

En cada categoría trofeo para os tres primeiros.
Agasallo para todos os participantes.

Cota: 3 euros.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME