29 de decembro de 2012

Torneo de Nadal de Xadrez


Cando o Real Club Deportivo converteuse en Sociedade Anónima Deportiva desapareceron as seccións deportivas, quedando como única actividade o fútbol. Unha daquelas era o xadrez, e agora as instalacións do Deportivo volven a recibir unha competición de xadrez.

2 E 3 DE XANEIRO - TORNEO DE NADAL SUB 14
No Playa Club, en Riazor. Torneo en 4 categorías (sub8, sub10, sub12, sub14).
Os dous días haberá partidas ás catro, cinco e seis da tarde.
Premios:
Os tres primeiros de cada categoría recibirán un trofeo e ademais haberá un agasallo para todos os participantes.
Inscripción gratuíta.

Eses mesmos días a continuación da proba sub14 temos un torneo absoluto...

2 E 3 DE XANEIRO - TORNEO DE NADAL
No Playa Club, en Riazor. Torneo en única categoría.
Sistema Suizo a cinco roldas con partidas a 20 minutos por xogador.
Dia 2: Partidas ás 19,00 19,45 e 20,30 e día 3: partidas ás 19,00 e 19,45
Premios:
1º Clasificado: Trofeo + 30 euros
2º Clasificado: Trofeo + 20 euros
3º Clasificado: Trofeo + 10 euros
Inscripción: 3 euros.

LEMBRAMOS QUE ESTA É UNHA BOA OPORTUNIDADE PARA FACERSE SOCIO DE AGAX. HAI DUAS PROBAS COMBINADAS CON PREMIOS.

24 de decembro de 2012

Xadrez no Nadal

Un total de seis probas onformarán o calendario deste ano de Xadrez no Nadal.
Ademais engadirase unha clasificación combinada para os socios de AGAX.
A información dos Torneos iráse actualizando na web de AGAX.

13 de decembro de 2012

Santiago Domínguez gañou o Torneo FischerRandom

O tradicional Torneo que AGAX desenvolve dende 1995 foi gañado por Santiago Domínguez. A clasificación foi a seguinte:

1. Santiago Domínguez
2. Isidro Alfaro
3. Ernesto Pérez
4. Daniel Mayo
5. José M. Andión
6. M. Andión

O premio para o campión foi unha camisola de AGAX e encabezar o circuíto de xogos do curso.

16 de novembro de 2012

Segundo Torneo do Circuito de Semirrápidas

O vindeiro domingo terá lugar o Torneo de Outono de Xadrez, organizado polo CIDU e que será o segundo dos Torneos do Circuito de Semirrápidas de AGAX.

A proba será a partir das 16,30 da tarde coincidindo coa celebración da Copa Galicia en categoría cadete.

Toda a información na web do CIDU

2 de novembro de 2012

2 de novembro: Torneo FischerRandom


Escomezamos o Circuito de Xogos deste ano.
Hoxe venres 2 de novembro temos unha proba xa clásica no calendario de AGAX; o Torneo de Xadrez FischerRandom .
Tamen chamado Xadrez aleatorio de Fischer e Xadrez 960.

O xadrez FischerRandom é unha variante do xadrez proposta por Bobby Fischer na que a posición de saída das pezas determínase aleatoriamente, aínda que con certas restricións. Foi oficilmente anunciado o 19 de xuño de 1996, na cidade de La Plata, Arxentina, se ben en AGAX xogarase case un ano antes a raíz dunha proposta de Fischer nunha entrevista.

O xadrez aleatorio de Fischer, conserva case todas as regras do xadrez, pero altera a disposición inicial das pezas e as regras do enroque. A meta de Fischer era crear unha variante do xadrez onde a creatividade e talento dos xogadores fosen máis importantes que a habilidade de memorizar e analizar aperturas predeterminadas.

O achegue de Fischer ao Xadrez Aleatorio xa existente, foi o de impor restricións á colocación azarosa das pezas; en especial á disposición do rei e as torres coa intención de permitir os enroques.

12 de outubro de 2012

Circuito de Xogos 2012-2013

A Asociación Galega de Axedrecistas organizará neste curso 2012-2013 un Circuíto con xogos en taboleiro de xadrez. Salvo que se avise do contrario, os Torneos terán lugar no Centro Universitario de Riazor, ás 20,00 horas dos días sinalados:

2 de Novembro: Xadrez FischerRandom.
7 de Decembro: Xadrez Masacre de Peóns.
11 de Xaneiro: Xadrez Marsellés.
1 de Febreiro: Xadrez Amazona.
1 de Marzo: Xadrez Escaramuza.
5 de Abril: Xadrez en progresión.
3 de Maio: Xadrez Non me gusta.

As modalidades poden verse no libro “O Taboleiro Lúdico”, editado por AGAX na Colección de Libros de Peto de Asencudega.
1.- Os torneos disputaranse por Liga ou suízo a 5 roldas. Inscripcións limitadas pola sala.
2.- Ritmo de xogo de 5 minutos por xogador.
3.- Cota de participación de 1 euro por participante e torneo. Obrigatorio ser socio de AGAX.
4.- O campión de cada torneo recibirá unha camisola de AGAX como agasallo.
5.- Realizarase unha clasificación da totalidade do circuíto. Os participantes recibirán puntos segundo a súa clasificación e o número de participantes. O primeiro clasificados ao final do circuíto recibirá un trofeo.

8 de outubro de 2012

Cadro final XVIII Torneo de Xadrez Virxe do Rosario

Un ano mais celebrouse o Torneo Virxe do Rosario de Xadrez que tivo como campión ao Gran Mestre Aleksa Strikovic nunha proba disputada na Sala de Cultura do Sporting Club Casino da Coruña.

Grazas ao apoio do Servizo  Municipal de Deportes do Concello da Coruña a proba deste ano foi a de mais nivel das celebradas ata agora e unha das de maior participación.

Como en ocasións anteriores a proba tivo como centro un torneo de partidas semirrápidas e foi pechada por outro de rápidas. O podium de ambos torneos foi o mesmo, pero variando os postos o segundo e terceiro clasificado, Walter López e Luis Medarde, que foi o mellor sub18 de xeito moi destacado.

Torneo 15 minutos.
Campión: Aleksa Strikovic
Subcampión: Walter López
Terceiro Clasificado: Luis Medarde
Cuarto Clasificado: Fernando Sánchez
Quinto Clasificado: Jorge Rodríguez

Mellor Sub18: Luis Medarde (3º)
(O trofeo correspondeulle dada a boa participación dos mellores sub18 e sub14 a Guillermo Rodríguez)
Mellor Sub14: Diego Bugliot (12º)

Torneo 5 minutos

Campión: Aleksa Strikovic
Subcampión:  Luis Medarde
Terceiro Clasificado: Walter López

7 de outubro de 2012

Strikovic gaña o Torneo de Rápidas do Rosario


1 Aleksa Strikovic 2500 4.5
2 Luis Marcos Medarde Santiago 2120 4.5
3 Walter López Rodríguez 2243 4
4 Fernando Sanchez 2300 4
5 Javier Mazaira Alba 2047 4
6 Manuel Fernando Domínguez García 2037 4
7 Jorge Rodríguez Guillén 2089 3.5
8 Julián del Río Rey 1667 3
9 Francisco Pedreira Giralda 1790 3
10 Pablo Sanchez Quinteiro 1969 3
11 José Luis García Bugallo 1803 3
12 Manuel Fondevila 1840 3
13 Javier Lorenzo Rodríguez García  3
14 Maja Strikovic 1798 3
15 Jelena Kolar 2090 3
16 Rashid Navarro Rivas 1986 3
17 Santiago Domínguez Fernández 1939 2.5
18 José Carlos Eiriz Caamaño 1650 2.5
19 Guillermo Javier Rodríguez Alonso  2.5
20 Carlos de Pablos Arribas  2
21 Daniel González Eiris 1478 2
22 Rafael Alonso Vázquez 2077 2
23 Angel de Blas  2
24 Manuel F Esteve Pérez 1628 2
25 Rodrigo Julio López Robles  2
26 Daniel Codesido Sánchez  2
27 Jorge Díaz Arrieta  1.5
28 Sabela Iglesias González  1.5
29 Manuel Castañera Barbés  1.5
30 Diego Bugliot 1513 1
31 Javier Iglesias de las Heras  1
32 Manuel García  1
33 Roberto Blandón 1115 0.5
34 Alejandro de Leon López  0

Aleksa Strikovic gaña o XVIII Torneo Virxe do Rosario

Clasificación do Torneo a 15 minutos


1 Aleksa Strikovic 2500 5
2 Walter López Rodríguez 2243 4
3 Luis Marcos Medarde Santiago 2120 4
4 Fernando Sanchez 2300 4
5 Jorge Rodríguez Guillén 2089 4
6 Javier Mazaira Alba 2047 4
7 Rashid Navarro Rivas 1986 3.5
8 Manuel Fernando Domínguez García 2037 3
9 Jelena Kolar 2090 3
10 Francisco Pedreira Giralda 1790 3
11 Rafael Alonso Vázquez 2077 3
12 Diego Bugliot 1513 3
13 Maja Strikovic 1798 3
14 Pablo Sanchez Quinteiro 1969 3
15 José Luis García Bugallo 1803 3
16 Angel de Blas  3
17 Manuel F Esteve Pérez 1628 3
18 Santiago Domínguez Fernández 1939 2.5
19 Carlos de Pablos Arribas  2.5
20 Manuel García  2.5
21 Julián del Río Rey 1667 2
22 José Carlos Eiriz Caamaño 1650 2
23 Francisco García Veiras 1725 2
 Guillermo Javier Rodríguez Alonso  2
25 Roberto Blandón 1115 2
26 Alfonso Camarero 1750 2
27 Javier Lorenzo Rodríguez García  2
28 Rodrigo Julio López Robles  2
29 Fernando Recamán  2
30 Manuel Fondevila 1840 2
31 Daniel Codesido Sánchez  2
32 Daniel González Eiris 1478 2
33 Sabela Iglesias González  1
34 Javier Iglesias de las Heras  1
35 Jorge Díaz Arrieta  1
36 Alejandro de Leon López  1
37 Manuel Castañera Barbés  1

6 de outubro de 2012

CIRCUITO DE SEMIRRAPIDAS AGAX 2012-2013

Hoxe escomeza a temporada en AGAX coa celebración do XVIII Torneo Virxe do Rosario de Xadrez que se desenvolverá no Sporting Club Casino dende as 17,00 horas e do que daremos conta pormenorizada neste espazo.

Para esta temporada temos prevista a realización dun Circuíto de Semirrápidas dende o mes de outubro ao de maio.

Os torneos serán de diversos formatos con partidas entre 15 e 25 minutos, celebrándose un cada mes.

Para participar no circuito será obrigatorio ser socio de AGAX. Os puntos entregados en cada Torneo serán os habituais nos circuitos internos de AGAX, se ben so será tido en conta como número de xogadores o de participantes socios de AGAX.

Tal como se facía hai algunhas temporadas as cotas de inscripción en varios dos torneos serán máis baratas para os membros de AGAX.

Torneos Previstos no Circuito 2012-2013:
Outubro: Torneo Virxe do Rosario
Novembro: Torneo de Outono (data prevista: 24 de novembro)
Decembro: Torneo de Semirrápidas do Club Ludo (datas previstas: 26, 27 e 28 de decembro)
Xaneiro: Torneo Aninovo (data prevista: 4 de xaneiro)
Febreiro: Por determinar
Marzo: Por determinar
Abril: Por determinar
Maio: Torneo XXIV Aniversario de Palaestra

Dos catro primeiros torneos, tres terán premios en metálico e o outro agasallos para tódolos participantes. Os torneos celebrados a partir de febreiro tentarán manterse na mesma liña.

Premios no circuíto:
1º Trofeo + 50
2º Trofeo + 40
3º Trofeo + 30
Camiseta de agasallo a todos os que participen en mais de 4 probas.