Con estas actuacións tentamos que aqueles que realizaron ficha para este 2021 poidan polo menos disputar uns cantos torneos que faremos coa idea de que a xente síntase segura xogando.
Por ese motivo no Circuito das Mariñas o aforo estará limitado a 40 persoas. En todos os postos de xogos colocaremos xel e as salas permanecerán ventiladas.
Nome do Torneo: TORNEO XADREZ DO TEMPLE
Data: 26 de setembro de 2021.
Lugar: Vila Concepción - O Seixal - Cambre.
Ritmo: 10 minutos + 3 segundos de incremento.
Sistema: Suizo a 6 roldas. Valedeiro para ELO.
Horario:
Presentación de xogadores: 16,30-17,00
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,35
3ª Rolda: 18,10
4ª Rolda: 18,45
5ª Rolda: 19,20
6ª Rolda: 19,55
Entrega de trofeos ás 20,30
Presentación de xogadores: 16,30-17,00
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,35
3ª Rolda: 18,10
4ª Rolda: 18,45
5ª Rolda: 19,20
6ª Rolda: 19,55
Entrega de trofeos ás 20,30
Categorías: Unha soa categoría absoluta.
Premios: Trofeos para os tres primeiros clasificados.
Cota: O torneo é gratuito. Para 40 participantes.
Se queres axudar a facer posible estes torneos pedimos que valores a posibilidade de facerte socio de AGAX para 2021-2022 (informacion) Os socios de AGAX terán preferencia na inscrición.
Circuito: Ademais de valer para ELO FIDE o torneo estará dentro do Circuito Xadrez das Mariñas, unha proba amigable na que contarán todos os participantes ao xeito cotián dos circuitos de AGAX. O vencedor levará un trofeo no último torneo deste Circuito. (Teremos un torneo en setembro, outubro, novembro e decembro).
PREME PARA INSCRIBIRSE
PREME PARA INSCRIBIRSE
Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licenza federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.
Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.
Advertencia 4: Os xogadores inscritos recibirán no seu whatsapp ou correo un formulario relativo á aceptación de riscos pola actual situación COVID dacordo cos protocolos habituais nesta circunstancia. E obrigatorio a súa entrega durante a presentación dos xogadores.
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.