17 de setembro de 2021

Afiliacion 2020-2021

A inicios deste mes de setembro chegábamos aos 32 anos de rexistro administrativo da nosa entidade.

E nesta nova tempada 2021-2022 temos a intención de facer distintos torneos con validez para ELO FIDE.

Queremos que moitos destes torneos sexan de balde, polo que necesitaremos fondos para costear a parte non cuberta polas subvencións públicas.

Por ese motivo neste 2021-2022 procedemos a unha suba das cotas da entidade, que agardamos sexan ben recibidas.

COTAS ANUAIS 2021-2022
(Ata 31 de agosto de 2022)

Socio xeral: 20 euros

Socio xuvenil: 10 euros (nados en 2004 ou seguintes)


Estas son algunhas das vantaxes dos socios de AGAX:

- Recibir unha camisola da entidade.
- Recibir unha máscara de xadrez da entidade.
- Prioridade na inscrición dos torneos valedeiros para ELO do Circuito das Mariñas.
- Participación de balde en diferentes torneos.
- Torneo exclusivo para socios.


(Tras facelo recibirás nunhas horas un whatsapp co número de conta
onde facer o ingreso para completar o proceso de asociación)

Ningún comentario:

Publicar un comentario