9 de novembro de 2021

Quen é o mellor nos torneos de AGAX nesta temporada 2021-2022

Aqui temos aos mellores dos torneos de AGAX deste inicio de curso, no que agardamos ir recuperando moitas das actividades.

Rodrigo Pena domina claramente, grazas a súa vitoria no doble torneo do sábado 30, pero está claro que quedan moitas probas por diante.


Quince xogadores teñen logrado puntuar (quedar nos cinco primeiros postos).

7 de novembro de 2021

RESULTADOS TORNEOS NO CC LOS ROSALES

Achegamos os resultados dos torneos celebrados os dous últimos sábados no Centro Comercial Los Rosales.

TORNEO TÓDOLOS SANTOS
1 RODRIGO PENA, 1699    4 10.0 13.0 16.0 0
2 DANI CODESIDO, 1620    4 10.0 12.0 15.0 0
3 BRAIS CASAS,         1400    4 7.0 11.0 11.0 0
4 DAVID PEREZ,             3 8.0 9.0 13.0 0
5 JOSE PARDO,      3 8.0 8.0 13.0 0
6 ALBERTO GARCIA, 1200    3 5.0 8.0 9.0 0
7 XOAN SANDE,             2 8.0 7.0 12.0 0
8 SIMON GARCIA,                              1 9.0 3.0 13.0 0
9 ROQUE SANDE,             1 8.0 4.0 12.0 0
10 ALDARA SANDE,             0 6.0 0.0 11.0 0

COPA AGAX

1ª ELIMINATORIA
ALBERTO GARCIA - BRAIS CASAS 1-0
DANIEL CODESIDO - ALDARA SANDE 1-0
ROQUE SANDE - DAVID NOVOA 1-0
XOAN SANDE - JOSE PARDO 0-1
RODRIGO PENA - SIMON GARCIA 1-0
Vitoria maioritaria dos xogadores de brancas que tiñan un minuto mais.

2ª ELIMINATORIA
DANIEL CODESIDO - JOSE PARDO 1-0
ALBERTO GARCIA - ROQUE SANDE 1-0

3º ELIMINATORIA
DANIEL CODESIDO - RODRIGO PENA 0-1

FINAL
RODRIGO PENA - ALBERTO GARCIA 1-0

TORNEO XXV ANIVERSARIO C. C. LOS ROSALES
1 FRANCISCO J GARCIA, 165    5 15.0 9.0 15.0 5
2 MARCOS MARTINEZ, 1749    4 13.0 7.5 13.0 4
3 ADRIAN QUEVEDO,             3 11.0 6.0 11.5 3
4 DAVID PEREZ,                     3 9.0 7.5 13.5 3
5 DAVID NOVOA,                     3 9.0 7.5 12.5 3
6 RUBEN TROITEIRO, 1165    3 8.0 7.5 11.5 3
7 FLORENCIO GONZALEZ, 1529    3 8.0 7.0 13.0 3
8 DANIEL CODESIDO, 1626    2 8.0 9.0 15.0 2
9 RODRIGO PENA, 1646    2 7.0 6.0 13.0 2
10 FRAN TROITEIRO,     2 5.0 7.0 11.0 2
11 ALFONSO LARA,     2 4.0 6.0 12.0 2
12 JOSE PARDO,     1 3.0 8.0 11.5 1
13 MARTINA ESPERON,     1 2.0 7.0 10.5 1
14 ALEX ESPERON,     1 1.0 6.5 11.5 0

4 de novembro de 2021

TORNEO XXV ANIVERSARIO ROSALES

O Centro Comercial Los Rosales celebra esta semana o seu XXV Aniversario. Unha das actividades previstas é a celebración dun torneo de xadrez o sábado.

Nome do Torneo: XXV ANIVERSARIO CENTRO COMERCIAL LOS ROSALES

Datas: 6 de novembro de 2021.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales - A Coruña.

Ritmo: 10 minutos finish

Horario:
Horario aproximado:
1ª Rolda: 18,00
2ª Rolda: 18,20
3ª Rolda: 18,40
4ª Rolda: 19,00
5ª Rolda: 19,20
Entrega de Trofeos: 20,00

Situación COVID:
Os participantes deberán ter posta a máscara en todo momento e cumprir as indicacións dos organizadores.
Haberá xel en tódalas mesas de xogo.
O número máximo de participantes será de 32.

Premios:
Trofeo para o campión.

Inscricións: Non hai cota de participación. 

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: Dacordo coa normativa COVID aprobada pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Xadrez esta proba que non vale para ELO será considerada unha actividade de adestramento. Os asistentes ou os seus pais deberán cubrir o formulario de aceptación de riscos antes do inicio do torneo.

Advertencia 2: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. No caso dos socios do Casino o seu seguro cubre a participación no torneo do domingo. Para o resto é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 3: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 4: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.