26 de outubro de 2022

COPA AGAX 2022

En 2019 a Asociación Galega de Xadrecistas na celebración do o seu XXX Aniversario creou un novo formato para a Copa AGAX e o Torneo Tódolos Santos disputados de xeito simultáneo.

En 2019 foi un éxito e logo veu o COVID e todo quedou reducido. Presentamos hoxe a Copa AGAX na súa data tradicional. 

A idea é celebrar unha Copa por eliminatorias cun máximo de 32 xogadores que é o número ideal para este tipo de proba. Para evitar que os eliminados queden sen nada que facer xogaremos ao mesmo tempo un torneo por sistema suizo.

Nome do Torneo: COPA AGAX

Data: 1 de novembro de 2022.

Lugar: 1ª Planta do Centro Comercial Los Rosales - A Coruña.

Ritmo: Na Copa o sistema de xogo será por eliminatorias xogadas por Armagedón, no que as Brancas terán 5 minutos e Negras 4 minutos, sendo as táboas valoradas como vitoria das negras.

No Torneo Tódolos Santos o ritmo será de 15 minutos finish.

Sistema: A Copa realizarase por sorteo simple, tanto para o lugar no cadro como para as cores a empregar en cada partida. 

O torneo de complemento Tódolos Santos será un suizo a cinco roldas.

Horario:

O horario dos torneos facilita a participación simultánea nos dous torneos.

HORARIO COPA:
16,00 Presentación, 16,20 sorteo.
Decimoctavos: 16,30 Octavos: 17,15 Cuartos: 18,00 Semifinais: 18,45 Final B: 19,30 Final A: 20,15

HORARIO TORNEO TÓDOLOS SANTOS:
16,45 / 17,30 / 18,15 / 19,00 / 19,45

ENTREGA DE TROFEOS ÁS 20,30

Premios:
Trofeos para os dous primeiros clasificados da Copa AGAX.
Trofeo para os tres mellores do Torneo Suizo.

Inscricións: 2 euros (de balde para socios de AGAX). Faite socio... infórmate AQUI

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: O Centro Comercial Los Rosales dispón dun seguro para a actividade de xadrez. Pero recomendamos contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado pode informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo na celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

24 de outubro de 2022

Torneo Rei de Mesa

A Asociación Galega de Xadrecistas, Sigrás e Xadrez das Mariñas promoven a celebración do II Torneo Rei de Mesa. 

Nome do Torneo: II TORNEO REI DE MESA

Datas: 29 de outubro de 2022.

Lugar:  Vila Concepción (Cambre).

Ritmo: 5' ou menos (ver bases completas en https://www.xn--xadrezdasmarias-brb.org/2022/10/torneo-rei-de-mesa.html)

Horario:
Dende as 16,45

Premios:
Trofeos para os 3 primeiros clasificados.

Inscricións:
A través do correo xdm@xadrecista.eu

20 de outubro de 2022

Afiliación 2022-2023


Comezamos o periodo de asociación deste curso que iniciamos cumprindo 33 anos de rexistro administrativo da nosa entidade.

E nesta nova tempada 2022-2023 rebaixamos as cotas buscando ter mais socios. 

COTAS ANUAIS 2022-2023
(Ata 31 de agosto de 2023)

Socio xeral: 10 euros

Socio xuvenil: euros (nados en 2005 ou seguintes)

De agasallo este ano para os 50 primeiros temos unha taza e como novidade este ano hai carnet.


(Tras facelo recibirás nunhas horas un whatsapp co número de conta
onde facer o ingreso para completar o proceso de asociación)

11 de outubro de 2022

Resultados do Rosario

Publicamos as listaxes completas do Torneo do Rosario:

CATEGORIA ABSOLUTA E SUB 14

  1    JORGE RODRÍGUEZ GUILLÉN,  2135     C FERROLANO  5          9.0  13.5   15.0
  2    IAGO SOTO,        1465     CIDU  4.5        8.0  13.0   13.0
  3    JACOBO VIEITES PEREZ,   1786     USC                4          8.0  15.0   13.0

  4    RAMIRO DEL VALLE RODRIGUE,  1352     ETX                3.5        8.5  16.0   11.5
  5    JOSÉ ANGEL RODRÍGUEZ TOJE,     1665     TUI                3.5        8.0  14.0   11.0
  6    CARLOS OSORIO,    CIDU               3.5        7.5  12.0    9.0
  7    CARLOS CASTEDO DE CASTRO,  1599     XDM 3  10.0  16.0   11.0
  8    ALBERTO SÁNCHEZ BARDANCA,  1699     BOVEDA   3  9.0  14.0   10.0
  9    ESTEBAN ARIEL,  SIGRAS             3          7.0  12.0    9.0
  10   JORGE MARTÍ MARTÍN, ETX SUB14          3          6.5  11.0    8.0 1º SUB14
  11   JOSE MARIA DORADO REBORED,  1581     CLUBEXA            3          5.0   9.0    6.0
  12   ALBERTO GARCÍA REINO,  1292     CIDU               2.5       10.5  17.0   10.0
  13   ENRIQUE LOPES DO ROSARIO,  SIGRAS             2.5        9.5  15.5    8.5
  14   FRANCISCO CANOVAS,  SIGRAS             2.5        9.0  14.0    8.5
  15   TEO GALIÑANES OSORIO,  MIRKO              2.5        7.5  12.5    6.5
  16   CARLOS BLANCO MARTINEZ., MIRKO SUB14        2          8.0  12.0    6.0
  17   ADRIÁN ROSENDE CANEDO,  CIDU               2          7.5  13.5    7.0
  18   ÁLVARO ROGET GARCÍA,  CIDU               2          7.5  12.0    5.0
  19   ROBERTO BLANDON,  1400     SIGRAS             2          6.5  11.0    4.0
  20   ROQUE SANDE SEIANE,   CIDU               2          6.5  10.0    6.0
  21   RUOWAN LIN,     SIGRAS             2          5.5   9.0    6.0
  22   ALEXANDRO MONTES DIRLAU,  MIRKO              1          7.5  14.5    2.0
  23   ANTONIO SERRANO, CIDU               1          7.5  12.0    3.0
  24   ÓSCAR GALIÑANES OSORIO,  MIRKO              1          7.5  11.5    5.0
  25   FERNANDO JOSE GARCIA PERE, 1150     SIGRAS             1          6.5  10.0    1.0
  26   LUIS BALADRON JIMENEZ, 1036     BETANZOS           0          1.5   1.5    0.0
CATEGORIA SUB 12

  1    DIEGO RODRÍGUEZ TIRAPU,                   5          6.5  11.0   15.0
  2    PABLO ABEAL GARCÍA,                       3.5        6.5  13.0    9.0
  3    GABRIEL DEL RIO SAS,                      3          6.5  13.0    9.0
  4    MATEO NÚÑEZ MACÍAS,                       2.5        7.0  13.5   10.0
  5    DIEGO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ,                2          8.0  14.5    6.0
  6    SERGIO FERNANDEZ BARCENA,                 2          7.5  14.0    6.0
  7    DIEGO ABEAL GARCÍA,                       2          6.5  11.0    5.0
CATEGORIA SUB10

  1    ÓLIVER SÁNCHEZ TORREIRO,         1029     4.5        8.5  13.0   13.5
  2    ZOE RODRÍGUEZ COLLAZO,                    4          8.0  12.5   10.0
  3    MARTÍN COUTO BELLO,              1001     4          7.0  10.5   11.0
  4    ALEJANDRO LOPEZ NUNEZ,                    3.5        7.0  13.0   12.5
  5    NICOLÁS BUDIÑO GARCÍA,                    3         10.5  16.0   11.5
  6    ÓLIVER BORRAZÁS DARRIBA,                  3          9.5  16.0   11.0
  7    ROMÁN FANDIÑO GONZÁLEZ,                   3          8.5  14.0    9.0
  8    MATEO REDONDA REY,                        3          8.0  14.5    8.0
  9    SIMÓN GARCÍA VIÑA,                        2.5        8.5  14.0   10.5
  10   MARTIN GOMEZ PRIETO,                      2.5        8.5  13.5    8.0
  11   THIAGO GESTAL FAILDE,                     2.5        5.5   9.0    6.0
  12   TEO SANTAMARTA SUÁREZ,                    2          9.5  14.5    5.0
  13   XOAN SANDE SEOANE,                        2          7.5  11.5    7.0
  14   ADRIÁN FERNÁNDEZ BARCENA,                 2          5.5   8.5    3.0
  15   XOEL JANEIRO ANDÚJAR,                     1.5        7.5  12.0    4.0
  16   PEDRO CORTIZO CARREIRA,                   1          7.0  12.0    3.0
  17   SARA LAPIDO MANCEBO,                      1          6.5  11.5    2.0
  18   ÁNGEL BALADRÓN ARÉVALO,          1022     0          2.5   2.5    0.0
CATEGORIA SUB8

1. EMMA ETTERBEEK POMBO  S8 ETX
2. DENYS DEMYDOV S8 SMYSLOV SADA
3. ARIADNA LÓPEZ NÚÑEZ S8 Ames
4. MAR RODRÍGUEZ COLLAZO S8 TDFC
5. JOAQUÍN DEL RÍO SAS S8 MIRKO
6. LUCAS RODRÍGUEZ VICENTE S8 ETX

Un total de 57 xogadores aos que agardamos ver nas futuras edicións.

Algúns dos eventos previstos en outubro: Sábado 15 inicia la Liga AGAX Online para xogadores sub12, venres 21 inicia o circuito de xadrez lóstrego do CIDU, sábado 22 actividade do Bica Chess en taboleiro xigante, sábado 29 Torneo Rei de Mesa...
Séguenos na nosa web para estar informado.

6 de outubro de 2022

Cambio tranquilo

Este sábado o xadrez galego federado está chamado a votar nunhas eleccións, que por primeira vez en anos mostraron unha interesante división. Nos como entidade non estamos presentes xa que non somos parte do xadrez federado, pero nestas semanas pasadas, diferentes pais comentáronnos cousas sobre as eleccións que escoitaban nos torneos, o que nunca pasara, e o que din uns doutros. Non é a mellor imaxe precisamente. 

Isto lémbra o acontecido hai moitos anos, cando presidindo Rafael del Río a federación galega, pasou algo similar. É curioso que os que estaban naquela oposición, que logrou gañar, son boa parte dos dous bandos que hoxe están de rivais.

E así chegamos a unhas eleccións con moitos candidatos, especialmente en estamento de xogadores e de clubs. Iso está ben. Mostra interese en participar. Cantas mulleres? Cantos menores de 30 anos?. Dúas preguntas que quizais expliquen parte dos problemas actuais da Federación. Practicamente todos os que diriximos o xadrez galego xa estabamos nisto hai 30 anos (e algúns máis).

Non é malo que sigamos dando a batalla, o malo é que non esteamos a dar paso a xente nova con ideas propias. Esta monopilización do poder que adoita resumirse en eu ou o caos acaba trasladada á xestión dos clubs; a xente goberna dous ou máis clubs e aínda ten  tempo para labores federativas e organizar algún torneo.

Hai uns minutos o candidato renovador ten escrito aos votantes co seu programa e pedindo o voto, xusto ao rematar o periodo electoral, para determinados candidatos. Entre os clubs aparecen varios dos clubs ligados á actividade desta asociación, cousa que é de agradecer, máxime cando nós apostamos por un cambio tranquilo, con continuidade pero dando paso a novas ideas e nomes no novo período de catro anos. Para que iso sexa posible o ideal sería que a asemblea fose o máis aberta posible a todas as ideas. 

De producirse un escenario monocor, que entendemos posible, cremos que a asemblea resultante debe iniciar de maneira inmediata a organización dos distintos comités contemplados nos estatutos (dalgúns non se sabe absolutamente nada) coa presenza daqueles que queden fora. No xadrez non sómos tantos os que estamos a facer cousas. Prescindir dunha parte é unha parvada. Imaxinando que algúns dos nosos membros van estar nesa asemblea, pensamos en ideas que comparten os dous bloques:

1. Establecer con claridade as funcións dos directivos ou nombramentos de directivos por área.

Isto é especialmente relevante para quen deba levar os torneos (hai que recoñecer as críticas... dous anos parados e acabamos cunha liga na que moitas situacións non se previron a pesar do tempo para pensala). Seguramente deba haber directivos distintos para torneos distintos e deixar de asumir funcións ata chegar a cumplir o Principio de Peter .

Crear un responsable de comunicación da Federación, non só para enviar notas de prensa. É necesario establecer políticas comúns cos clubs para fortalecer a imaxe do xadrez galego, paso previo á mellor captación de patrocinios.

2. Mellorar a liga.

A proba máis importante do xadrez galego é a liga. E esta liga ten que ter unha estrutura lóxica, piramidal, cunha división superior, dúas debaixo e seguir en 4 e 8 até onde sexa posible. As competicións de terceira e cuarta deben obedecer ás necesidades dos clubs que compiten nelas e que sexan locais cando asi pídano os participantes. 

3. Máis competicións por equipos.

A Copa Galicia que creamos nós hoxe é unha proba cun grao de aceptación elevado. Aínda se poden facer moitas máis cousas. Para nós o exemplo máis evidente a falta dun campionato galego de colexios, pero tambien competicións por equipos de xadrez lóstrego.

4. Evitar a repetición de sedes.

Os campionatos galegos e provinciais deben rotar. Exemplo dos provinciais na Coruña 2015; Ferrol, 2016; Santiago, 2017: Padrón, 2018: Ferrol, 2019: Noia e Padrón, 2020: Carballo e 2022: Padrón e Ferrol. Un exemplo interesante xa que na Coruña pediuse este torneo e ningún destes xuntou tanta xente como o último realizado na Coruña.

Para que falar dos galegos. A cousa podería normalizarse; unha localidade ou club que organice un galego ou provincial non debería poder organizar a mesma proba nos próximos tres anos a non ser que non haxa máis propostas. Mesmo seguramente o ideal sería que unha provincia que acolla un galego non pode acollelo o ano seguinte. 

5. Temas varios.

Poderiamos seguir co tema da formación (ou da súa ausencia) ou do uso das novas tecnoloxías. Parece interesante que en función do primeiro punto empecen a marcarse directivos ou comités que melloren a xestión das súas áreas.

Todos estes aspectos tentaremos mellorar a partir do sábado e do 3 de decembro.

Nos temos unha postura clara que saben os candidatos, non andamos a contar unha cousa a uns e outra a outros e agardamos que os próximos catro anos sexan bos para o xadrez galego, adaptándonos aos tempos das novas tecnoloxías, de organizadores profesionais sen esquecer o xadrez educativo e de saúde onde estamos nos como entidade especialmente interesados.

Boa sorte para todos e agardamos que todos sumen de xeito constructivo a partir do sábado.