22 de novembro de 2023

Torneo 50 anos de suizos

Nun ano no que estamos a celebrar os 40 anos de xadrez nos Dominicos e a 75 edición do Torneo de Navidad, temos outra conmemoración, que se ben pode non ser tan interesante, no seu día marcou un pequeno logro; o de facer por primeira vez na cidade un torneo aberto coa modalidade de sistema suizo.

A modo de curiosidade aqui tes o que se publicaba hai 50 anos deste torneo:

Desde el próximo día 23 al 6 de abril, se celebrará en el Oza Juvenil de La Coruña el "I Trofeo Open" con la participación de alrededor de una treintena de jugadores. Por primera vez en La Coruña, la inscripción, pese a ser el torneo abierto, no será libre, ya que se efectuará una selección previa entre los posibles candidatos a intervenir.
De cualquier modo, el campeonato se jugará por un sistema suizo a siete rondas, siendo la primera vez que en la ciudad herculina se emplea el mentado sistema para una competición abierta.
Vista la gran labor que en el oza se viene desarrollando, y el incremento que en los últimos tiempos ha cobrado el ajedrez,no cabe duda que el certamen será un señalado éxito, por cuanto además se le dotará de importantes y valiosos premios.

E por este acontecemento a Asociación Galega de Xadrecistas convoca un torneo conmemorativo.

Nome do Torneo:
 50 ANOS DE SUIZOS NA CORUÑA

Data: 25 de novembro de 2023.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales.

Ritmo: 10' + 3''

Horario:

1ª Rolda: 17,30
2ª Rolda: 18,00
3ª Rolda: 18,30
4ª Rolda: 19,00
5ª Rolda: 19,30

ENTREGA DE TROFEOS ÁS 20,00

Premios:
Trofeos para os tres primeiros clasificados no torneo.
Tamén para o mellor das categorías sub14, sub12, sub10 e sub8.
Medalla para todos os participantes.

O trofeo é válido para o circuito AGAX.

Inscricións: Máximo 32 xogadores. 

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: A actividade realízase en colaboración co Centro Comercial Los Rosales que cubre o seguro obrigatorio polo que non é obrigatorio contar con licenza federativa de xadrez. 

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario