14 de agosto de 2019

I TORNEO DO ARENTEIRO

A Asociación Galega de Axedrecistas cumpre o día 1 de setembro 30 anos.

E pareceunos interesante celebrar esta data redonda nun dos lugares onde se xestou a asociación; O Carballiño.

Con este motivo invitamos a todos os simpatizantes a coñecer a vila do Arenteiro e a participar no I Torneo de Xadrez do Arenteiro.

Damos as grazas aos colaboradores Casino do Carballiño, Confitería Cerviño e Hotel Arenteiro pola súa axuda para esta actividade.

Nome do Torneo: I TORNEO DO ARENTEIRO

Data: 1 de setembro de 2019.

Lugar: Casino do Carballiño

Hora de inicio: 17,00.

Hora de entrega de premios aproximada: 20,00.

Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.

Desempates: A sortear tras a derradeira rolda.

Ritmo de xogo: 15 minutos a finish.

Categoría do Torneo: Amigable, NON valedoiro para ELO FIDE. Válido para Circuito AGAX.

Categorías: Absoluta, Sub16, Sub12, Sub8 e Mellor xogador local.

Premios:

En cada categoría trofeo para o primeiro clasificado.
Agasallo para todos os participantes.

Cota: 1 euro. De balde para os socios do Casino do Carballiño e de AGAX.

Advertencia: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Inscrición: a través desta ligazón... PREME

Ningún comentario:

Publicar un comentario