16 de decembro de 2021

LXIII TORNEO DE NAVIDAD

LXXIII TORNEO DE AJEDREZ DE NAVIDAD

Como o resto de actividades dende a COVID, seguemos con un modelo atípico. A actividade ten a condición de adestramento / partidas amigables federadas, polo que é obrigatorio contar coa licenza federativa de 2021.

ASPECTOS ESPECIAIS POLA COVID
Será de aplicación a normativa de prevención antiCOVID de adestramentos da Federación Galega de Xadrez. As seguintes normas tamén serán de aplicación en tanto complementan algunhas das anteriores e non as limitan. 
1. É obrigatorio levar posta unha máscara en todo momento. Non estará permitido comer ou beber na sala de xogo. 
2. É obrigatorio o uso do xel na entrada da sala. Así mesmo deberá usarse sempre que as mans entren en contacto con superficies non desinfectadas e especialmente tras tocar as pezas manipuladas anteriormente polo rival (no caso das capturas). Colocaremos xel en cada mesa, sendo aconsellable en calquera caso que cada xogador leve un.
3. Os xogadores non permanecerán na sala de xogo mais tempo do necesario para xogar a partida. Polo tanto non haberá análise posterior. Tampouco poderán pasear pola sala.
4. Os xogadores non deberán darse a man ao inicio ou fin da partida. 
5. Antes de entrar na sala medirase a temperatura dos participantes.
6. Os aspectos aqui expostos poden verse complementados, antes e durante o torneo co fin de garantir na medida do posible unha actividade segura.

Este Torneo naceu en 1948. En 2021 será a súa LXXIII edición.

DATA CELEBRACIÓN: Domingo 19 de decembro. Quedou instaurado hai dous anos a súa celebración no domingo anterior ao día de Noiteboa.

HORARIO TORNEO:
Este ano sería de ritmo mais rápido 10+3
Roldas: 19,30 / 19,50 / 20,10 / 20,30 / 20,50.

LOCAL DE XOGO: Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos. 
 
SISTEMA: Torneos por sistema Suízo. Desempate por sorteo tras a última rolda.

CATEGORIA: Amigable sen categorías. Non válido para ELO.

PREMIOS: Trofeos para os tres primeiros.
Daremos unha máscara anti COVID a todos os participantes.

COTA DE PARTICIPACION: A inscrición é de balde. Como en anos pasados solicitamos unha doazón de alimentos non perecedeiros.

- - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - - 

Advertencia 1: Os participantes (ou os seus titores) autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa aparición nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Os participantes deberán achegar asinado o documento de aceptación de risco dacordo cos protocolos anti-COVID presentes na páxina da Federación Galega de Xadrez. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario