17 de decembro de 2023

75 torneos de Navidad

Hoxe celebraremos a edición 75ª do Torneo de Navidad.

É dificil chegar a tantos anos dunha proba. De feito tras a primeira edición non se realizou a do seguinte ano e temos algún ano do que non temos datos.

Aínda así, estamos de noraboa, porque moita xente nestes anos logrou manter a proba.

Se todo sae ben a partir deste ano especial a dirección da proba será do Club Xadrez das Mariñas.

Lóxicamente seguiremos colaborando e de feito cada certo tempo imos ir publicando fotos antigas dos distintos torneos realizados pola Sección de Xadrez de Artesanos, entidade que se fusionou por absorción con Xadrez das Mariñas.

Hoxe traemos unhas fotos de 1953 e de 1969.

Na foto da quinta edición só sabemos a ciencia certa o nome dun dos presentes. E de 1969 temos a sorte de que o campión entón, Jesús Pallas, segue en activo. 

As fotos teñen algo de cor posto por unha IA.

Ti recoñeces a algún dos xogadores das fotos?

Ningún comentario:

Publicar un comentario