6 de decembro de 2023

LXXV Torneo de Navidad - Escolar

A Asociación Galega de Xadrecistas convoca a 75ª edición do Torneo de Navidad, un dos mais antigos de España. 

Este ano faremos varias complementarias, como esta acción de xadrez escolar.

Nome do Torneo: LXXV TORNEO DE NAVIDAD - XADREZ ESCOLAR

Data: 15 de decembro de 2023.

Lugar: Centro Universitario de Riazor.

Ritmo: 3 minutos + 2 segundos

Horario:
De 19,30 a 20,30

Premios:
Xogadores nados dende 2006.

Premios:
Trofeos para os tres primeiros clasificados.

O trofeo é válido para o circuito AGAX.

Inscricións: De balde.

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licenza federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario