5 de decembro de 2023

I TORNEO AJEDREZ EQUIPOS MIXTOS / PARELLAS

TORNEO AJEDREZ EQUIPOS MIXTOS / PARELLAS

Dende AGAX queremos impulsar a participación das mulleres no xadrez, temos moi claro que o Xadrez, é un xogo interxeracional (podemos ver competir en igualdade condicións a xadrecistas de de 10 anos contra alguén de 95 anos), e un xogo no que homes e mulleres poden competir tamén en igualdade de condicións, na búsqueda desa igualdade real e efectiva, pomos en marcha esta iniciativa de competición por equipos mixtas.

BASES  DO  TORNEO

DATA:  Sábado 16 de decembro de 2023

LUGAR:  Centro Comercial Los Rosales. A Coruña

HORARIO DE XOGO: 17:00 h A 20:00 h
Presentación na sala de xogo : 16:45 h
Rolda 1 : 17:00 h
Rolda 2 : 17:25 h
Rolda 3 : 17:50 h
Rolda 4 : 18:15 h
Rolda 5 : 18:40 h
Rolda 6 : 19: 05 h
Rolda 7: 19:30 h
Entrega Trofeos: 20:10

SISTEMA DE XOGO: Suizo a 7 roldas
(A organización reservase o dereito a modificar o sistema de xogo dependendo da cantidade de inscricions)

INSCRICIONS:  de balde, aberto a participación de tódolos afeizoados/as sen necesidade de estar federado por algún club nin limitación algunha por ELO.
Enviarase un correo a correo@agax.org indicando nome do equipo, nome, apelido, sexo e data de nacemento dos seus compoñentes.
Cada equipo pode constar de 2 ou 3 xogadores (orde de forza por ELO FIDE, en caso de non ter, deberán presentar unha orde o arbitro do torneo antes do inicio da competición), pero mantendo a característica que en cada ronda alinearase un equipo mixto.

DATA LIMITE INSCRICIONS: venres 15 de decembro as 12:00 h

RITMO DE XOGO: 5 + 5” 

SITEMAS DE DESEMPATE: 
A sortear o finalizar a derradeira rolda

PREMIOS: 
Dous trofeos para o equipo Campeón
Dous trofeos para o mellor equipo sub-14

ADVERTENCIA: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para unha necesaria difusión do evento (resultados, clasificacions,…..) asi como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

DIRECTOR DO TORNEO: Francisco Javier García Veiras, vicepresidente de AGAX e presidente de Xadrez das Mariñas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario