21 de outubro de 2026

Resultados VII Liga de Equipos Xadrez das Mariñas

🏁 O pasado sábado 17 de outubro disputouse na Casa da Cultura de Vila Concepción (Cambre) a VII Liga Xadrez das Mariñas por Equipos, organizada pola AGAX en colaboración co Clube Xadrez das Mariñas.

♟️ Arredor de 80 xogadores e xogadoras da comarca, repartidos en 16 equipos e dúas divisións, protagonizaron unha tarde de xadrez con moitos encontros igualados ata a última rolda.

Primeira División - VII Liga Xadrez das Mariñas

🏆 Campións, ascenso e descenso

  • Campión de Primeira División: Escola de Xadrez Sigras, que gañou os seus cinco encontros (5 de 5).
  • Campión de Segunda División: Escola Técnica de Xadrez (ETX), invicta, que se impuxo na final ao Smyslov Sada por 2,5-1,5.
  • ⬆️ Ascende a Primeira: Escola Técnica de Xadrez (ETX)
  • ⬇️ Descende a Segunda: AA.VV. Sigras

Primeira División

A Escola de Xadrez Sigras dominou de principio a fin: liderou o Grupo A con pleno de puntos, venceu ao Betanzos por 4-0 na rolda 4 e na final superou ao TDFC por 3-1. O ERLAC levou o bronce tras empatar 2-2 co Betanzos.

Clasificación final:

  1. 🥇 Escola de Xadrez Sigras
  2. 🥈 TDFC
  3. 🥉 ERLAC
  4. Betanzos
  5. Xadrez das Mariñas (XDM)
  6. Club Coruña A
  7. CIDU
  8. AA.VV. Sigras ⬇️
VII Liga Xadrez das Mariñas por Equipos

Segunda División

A Escola Técnica de Xadrez (ETX) gañou todos os seus encontros e selou o título e o ascenso na final contra o Smyslov Sada (2,5-1,5), que fora primeiro do Grupo A con pleno de vitorias. Completou o podio o Mirko.

Clasificación final:

  1. 🥇 Escola Técnica de Xadrez (ETX) ⬆️
  2. 🥈 Smyslov Sada
  3. 🥉 Mirko
  4. XDM-Monte Alto
  5. Club Coruña B
  6. Perillo
  7. Culleredo
  8. Compañía de María
Segunda División - VII Liga Xadrez das Mariñas

🤝 Agradecementos

Grazas ao Concello de Cambre pola cesión da Casa da Cultura de Vila Concepción e, de xeito especial, a María Luisa Fernández, concelleira de Deportes, polo seu apoio. Grazas tamén ao Clube Xadrez das Mariñas e a todos os clubs, capitáns, xogadores, xogadoras e familias que fixestes posible esta VII edición. Esta actividade contou co patrocinio da Deputación da Coruña.

Noraboa aos campións e vémonos na próxima Liga!

VII Liga Xadrez das Mariñas por Equipos

📌 Resultados completos (fase de grupos e fase final):
https://xdm.es/index.php/2026/10/21/resultados-vii-liga-xadrez-das-marinas-por-equipos/

5 de outubro de 2026

Copa AGAX e Torneo Tódolos santos

Cartel Torneos Copa AGAX e Tódolos Santos 2026

A Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) organiza o luns 2 de novembro de 2026 os torneos Copa AGAX e Tódolos Santos. Disputaranse no Centro Comercial Los Rosales, na planta 1, na Coruña.

Este formato naceu en 2019, co gallo do 30 aniversario da AGAX. Combina unha copa na que ninguén queda eliminado e un torneo por sistema suízo que se xogan ao mesmo tempo.

  • Data: luns 2 de novembro de 2026
  • Lugar: Centro Comercial Los Rosales, planta 1, A Coruña
  • Participantes: máximo 32 xogadores
  • Inscrición: gratuíta

Copa AGAX

A Copa AGAX xógase a unha partida de armageddon. As brancas teñen 5 minutos e as negras 4; en caso de táboas, gañan as negras.

Este ano ninguén queda eliminado: todos os xogadores xogan ata o final e sae a clasificación completa. Tras cada rolda, os que gañan seguen a xogar polos postos de arriba e os que perden polos de abaixo. Por exemplo, os gañadores da primeira rolda loitan polos postos 1–16 e os perdedores polos 17–32; na seguinte, cada grupo volve dividirse, ata que cada xogador ten o seu posto.

  • O cadro e as cores sortéanse. Desde a segunda partida procúrase alternar as cores.
  • Se hai menos de 32 inscritos, algúns xogadores descansan na primeira rolda e pasan directamente.
  • Unha vez feito o cadro non se modifica: se un xogador non se presenta a unha partida, pérdea e segue no cadro.
  • As roldas intercálanse co torneo suízo (ver horario).

Premios: trofeo para os tres primeiros clasificados e para o primeiro sub-10.

Torneo Tódolos Santos

O Torneo Tódolos Santos xógase por sistema suízo a 5 roldas, a un ritmo de 10 minutos con 2 segundos de incremento por xogada.

Premios: trofeo para os tres primeiros clasificados.

Horario

HoraCopa AGAXTódolos Santos
17:30–17:45Presentación e sorteo
17:451ª rolda
17:551ª rolda
18:202ª rolda
18:302ª rolda
18:553ª rolda
19:053ª rolda
19:304ª rolda
19:404ª rolda
20:055ª rolda
20:305ª rolda (final e resto de postos)
20:45Entrega de trofeos

Inscricións e normas

A inscrición é gratuíta e non é necesario ter licenza federativa. Faise só a través do formulario: https://forms.gle/CuBYWEKKnt1ESJiaA

  • As prazas limítanse a 32 xogadores, por orde de inscrición.
  • Os participantes autorizan a publicación dos seus datos persoais e de fotografías para a difusión do evento e dos resultados.
  • A organización poderá modificar estas bases se o considera necesario para o bo desenvolvemento da proba.

Edición anterior: Torneos Copa AGAX e Tódolos Santos 2025

2 de outubro de 2026

VII Liga de Equipos Xadrez das Mariñas

🎉 Este ano, en colaboración co Clube Xadrez das Mariñas, temos o pracer de organizar a VII Liga de Equipos Xadrez das Mariñas.

📅 A cita será o sábado 17 de outubro ás 17:00 h.

🧩 O torneo reunirá 16 equipos da zona das Mariñas —incluíndo A Coruña, Culleredo, Betanzos e Cambre— nun encontro interxeracional que contará con máis de 64 xogadores de todas as categorías.

VII Liga de Equipos Xadrez das Mariñas

📌 Queres saber máis? Consulta todos os detalles aquí:
https://xdm.es/index.php/2026/10/02/vii-liga-por-equipos-xadrez-das-marinas/

🤝 Esta actividade conta co patrocinio da Deputación da Coruña, que apoia o deporte e a convivencia na nosa comarca.

17 de setembro de 2026

Xadrez na túa praza

Xadrez na túa praza chega mañá, venres 18 de setembro, á Praza de Tabacos da Coruña, dentro da Semana da Mobilidade que organiza o Concello da Coruña do 16 ao 22 de setembro.


 

A cita é ás 17:00 horas e inclúe:

  • Actividade de difusión e xogo libre para todos os públicos.
  • Torneo blitz para pequenos e maiores.
  • Trofeos para os gañadores e medallas para todos os participantes.

Non faltes a esta tarde de xadrez ao aire libre no corazón da cidade!

22 de agosto de 2026

Resultados Torneo Eclipse do Século agosto 2026

O pasado mércores 12 de agosto celebrouse na Cúpula do Parque de Eiris, en A Coruña, o Torneo Eclipse do Século, coincidindo co fenómeno astronómico máis agardado do verán. Moitas grazas a todos os que participastes e ata o próximo torneo!

🌑 Torneo Presencial — Clasificación final

  • 🥇 1.º Marco Marcote González
  • 🥈 2.º Nuno Moro Cernadas
  • 🥉 3.º Diego Penedo Gaspar

🌟 Mellor Sub-10: Nuno Moro Cernadas


💻 Torneo Online Eclipse da Fin do Mundo — Lichess

O xoves 13 de agosto disputouse o torneo en liña no equipo aberto de AGAX en Lichess.

  • 🥇 Necholas (Marco Marcote)

Organiza: AGAX — Asociación Galega de Xadrecistas
Máis información: www.agax.org

6 de agosto de 2026

Torneo Eclipse do Século na Coruña


Entre o verán e o calor, en AGAX non paramos. Informámosvos dos próximos torneos de agosto aos que vos animamos a que acudades e desfrutedes xogando ao xadrez.

🌑 Torneo Eclipse do Século na Coruña — Presencial

Data: Mércores, 12 de agosto de 2026
Hora: 18:30 h
Lugar: Parque de Eiris, A Coruña (na Cúpula)
Formato: Xogo libre e Torneo Lóstrego — 3' + 2" por xogada
Prazas: Limitadas

Ven a ver o eclipse con nós! Repartiremos gafas homologadas para socios e participantes para poder desfrutar deste fenómeno astronómico histórico.

  • 🏆 Trofeo para os tres primeiros clasificados
  • 🥇 Medallas para todos os participantes
  • 🕶️ Gafas homologadas para ver o eclipse

✍️ Inscríbete aquí


💻 Torneo Eclipse da Fin do Mundo — En liña

Data: Xoves, 13 de agosto de 2026
Hora: 21:00 h (hora peninsular)
Plataforma: Lichess — Equipo Aberto de AGAX

O mundo non acaba e as ganas de xogar ao xadrez tampouco! O día seguinte do eclipse, xoga con nós dende a túa casa. Máis información no post do torneo.

Recorda unirte ao equipo aberto de AGAX en Lichess e accede directamente ao torneo en Lichess para participar.


Organiza: AGAX — Asociación Galega de Xadrecistas
Máis información: www.agax.org

5 de xuño de 2026

Torneo de Xadrez de Primavera 2026 no Centro Comercial Los Rosales



¡Boas noticias para toda a comunidade xadrecista! O vindeiro sábado 13 de xuño de 2026 celebraremos unha nova edición do noso tradicional Torneo de Xadrez de Primavera. Unha cita perfecta para desfrutar do taboleiro en familia e poñer a proba as vosas habilidades.

Esta actividade está organizada conxuntamente polo Centro Comercial Los Rosales, a SCD Palaestra e a Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX), contando coa valiosa colaboración do Concello da Coruña.



Bases do Torneo

  • Data: Sábado, 13 de xuño de 2026.
  • Lugar: Centro Comercial Los Rosales (A Coruña).
  • Local: Escola de Xadrez (primeiro andar).
  • Hora de inicio: 17:00 h.
  • Entrega de premios (aprox.): 19:50 h.
  • Sistema de xogo: Suízo a 5 roldas.
  • Ritmo de xogo: 15 minutos a finish. (A organización poderá deixar certas categorías sen reloxo, colocándoo só en caso de que a partida se alongue en exceso).
  • Desempates: Sortearase xusto despois de rematar a derradeira rolda.
  • Categorías: Absoluta, Sub-14, Sub-12, Sub-10 e Sub-8. (A organización resérvase o dereito de xuntar categorías se non se acada un mínimo de participantes).
  • Límite de prazas: 48 participantes (estudaranse ampliacións segundo a demanda).

Cota de inscrición e Acción Solidaria

A inscrición é totalmente de balde (gratuíta). Porén, fiel ao noso compromiso social, agradeceremos que cada participante colabore aportando un quilo de pasta ou de arroz no momento do torneo, que irá destinado ás nosas habituais actividades solidarias.


🏆 Premios

  • 1º, 2º e 3º Clasificado de cada categoría: Trofeo.
  • Medalla conmemorativa para todos os participantes de categoría Sub-14.

📝 Inscricións

As inscricións tramitaranse exclusivamente de xeito en liña a través do formulario oficial de ChessManager no seguinte enlace:

👉 PREME AQUÍ PARA INSCRIBIRTE


Advertencia legal (Imaxe e datos): Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, listaxes de participantes, etc.), así como a súa presenza nas fotografías realizadas coas mesmas finalidades comunicativas. A inscrición e participación no torneo leva aparellada a total aceptación destas normas.

12 de maio de 2026

Resultado Dia da Ciencia na Rua 2026

Éxito total no 30º Día da Ciencia na Rúa: Crónica dunha xornada de xadrez

O pasado sábado, 9 de maio, o Parque de Santa Margarida volveu ser o epicentro da divulgación científica e, como non podía ser doutro xeito, o xadrez tivo un protagonismo especial. Na contorna da Casa das Ciencias, a sección de xadrez de AGAX organizou unha xornada completa con xadrez na rúa e competicións en liña.

Torneo de Pasapezas: Competición por parellas

A modalidade por parellas volveu ser das máis espectaculares:

  • 1º Equipo: Rodrigo Barbeito e Fran Pedreira
  • 2º Equipo: Jose Manuel Andion e Diego Medin
  • 3º Equipo: Dani Codesido e Alberto Ortega

Torneo de Xadrez Rápido "Javier Novelle" (Presencial)

Pola tarde celebrouse o tradicional torneo presencial, con gran ambiente e deportividade. Fran Pedreira proclamouse campión absoluto. Queremos facer unha mención especial a Sebastian Flores Mena, quen levou o trofeo como Mellor Sub-14.

Clasificación Completa:

Posto Xogador/a
1FRAN PEDREIRA
2-3RODRIGO BARBEITO, DIEGO MEDIN
4-7DANI CODESIDO, FLORENCIO GONZALEZ, LUCA GRYGAR, MANUEL BARRAL
8-11JOSE MANUEL ANDION, ALBERTO ORTEGA, MANUEL ANDION, VICTOR RINCON
12-13IAGO GRANDAL DEL RIO, SANTIAGO FLORES GUTIERREZ
14SEBASTIAN FLORES MENA (Mellor Sub-14)


Torneo Online "Día da Ciencia na Rúa 2026 Arena"

A competición tamén se trasladou á rede a través da plataforma Lichess, onde xogadores do equipo AGAX ABERTO mediron as súas forzas en formato Arena. O usuario maglor_elf dominou a clasificación cunha actuación impecable.

Clasificación Online (Top 5):

  1. maglor_elf (2103 performance)
  2. franpedre (1868 performance)
  3. danidt (1928 performance)
  4. Juan_A_G
  5. jmandion




Grazas a todos os que vos achegastis ao Parque de Santa Margarida ou conectastes online para celebrar esta xornada. Podedes seguir toda a nosa actividade en xadrecista.eu e xogandocoxadrez.eu.

9 de maio de 2026

Resultados do Torneo Socio Colaborador Abril 2026

O pasado fin de semana celebrouse no Centro Universitario de Riazor (CUR) o Torneo do Socio Colaborador, unha cita que reuniu a destacados xadrecistas nun ambiente de gran deportividade e estratexia. A xornada destacou polo alto nivel dos participantes e a emoción en cada taboleiro.

Cadro de Honra

Tras unhas roldas moi disputadas, o podio final quedou configurado da seguinte maneira:

  • 🏆 1º Clasificado: Jaime Arangüena
  • 🥈 2º Clasificado: Pablo Ramos
  • 🥉 3º Clasificado: Iago Soto

O Campión: Jaime Arangüena

Segundo Posto: Pablo Ramos

Terceiro Posto: Iago Soto

Dende a Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX) queremos agradecer a todos os socios a súa participación e o apoio continuo que prestan para facer posibles estes eventos que fomentan o xadrez na nosa comunidade.

Lembramos que podedes seguir toda a actualidade, clasificacións detalladas e as convocatorias dos vindeiros torneos nas nosas webs oficiais.

27 de abril de 2026

Xadrez e Estratexia no CUR: Torneo de Rápidas e Xornada de Xogos de Mesa


O vindeiro 30 de abril, o Centro Universitario de Riazor (CUR) converterase no epicentro do xadrez e a estratexia. Desde a Asociación Galega de Xadrecistas (AGAX), en colaboración co INCUDE e a Universidade da Coruña, organizamos unha tarde dobre de convivencia e competición.

Actividades abertas a socios de AGAX, INCUDE e membros da UDC

Torneo de Rápidas do Socio Colaborador

A xornada arrincará coa forza das pezas nun torneo de xadrez lóstrego. Unha cita indispensable para medir forzas sobre o taboleiro nun ambiente universitario.

  • Data: Xoves, 30 de abril de 2026.
  • Hora: 19:00 h.
  • Lugar: Cafetaría do CUR (Centro Universitario de Riazor).
  • Requisitos: Actividade gratuíta para socios de AGAX, INCUDE e membros da comunidade universitaria (UDC).
  • Premios: Agasallos para os 3 primeiros clasificados da categoría Absoluta e para o mellor xogador sub-14.

Xornada de Difusión de Xogos de Mesa de Estratexia

A partir das 20:30 h, tras o torneo de xadrez, daremos paso aos xogos de mesa de estratexia moderna. Un espazo para aprender novos xogos e compartir mesa con outros afeccionados.

  • Hora de inicio: 20:30 h.
  • Lugar: Cafetaría do CUR.
  • Acceso: Gratuíto, exclusivo para socios de AGAX, INCUDE e membros da UDC.





Inscricións

Para participar en calquera das dúas actividades (ou en ambas!), é necesario rexistrarse previamente a través do seguinte formulario oficial:

FORMULARIO DE INSCRICIÓN AQUÍ

Tamén podes contactar con nós para dúbidas en correo@agax.org ou seguir a actualidade en @xadrecistas.

Promovendo o xadrez e a estratexia desde 1989.

24 de abril de 2026

Día da Ciencia na Rúa 2026


Un ano máis, o xadrez volve ser protagonista nunha das citas máis agardadas do calendario coruñés: o Día da Ciencia na Rúa. O vindeiro 9 de maio, o Parque de Santa Margarida converterase nun taboleiro xigante onde a estratexia e a diversión irán da man.

Programación completa

Dende a organización preparamos unha xornada intensiva con actividades para todos os niveis e idades:

  • Todo o día: Partidas libres de xadrez e damas en taboleiros xigantes.
  • Todo o día: Partidas libres nos taboleiros de competición (excepto en horario de torneos).
  • Xogos de estratexia: Difusión de diversos xogos de mesa en colaboración coa asociación INCUDE (dispoñible fóra do horario de competición).

Torneos e Horarios

Se o que buscas é competir, estas son as citas clave do día. Destacamos a incorporación dun torneo virtual para aproveitar o descanso do xantar:

Hora Evento
12:30 - 13:30 Torneo de Pasapezas (Divertida modalidade por parellas).
14:30 - 15:00 Torneo de Xadrez Online (Lichess)
Aproveita o descanso da comida para competir dende o teu móbil.
👉 UNIRSE AO TORNEO AQUÍ
16:30 - 17:30 Torneo Javier Novelle de Xadrez Rápido (Categorías Sub-14 e Absoluta).

Información de Interese

  • Lugar: Parque de Santa Margarida, A Coruña.
  • Data: Sábado, 9 de maio de 2026.
  • Inscricións Torneos Presenciais:
    • Email: inscricion@xadrecista.eu (Indicar nome, data de nacemento e torneo).
    • No propio stand ata 15 minutos antes de cada torneo.
  • Torneo Online: Directamente na plataforma Lichess.

Agardámosvos para compartir unha xornada única de ciencia e estratexia ao aire libre!

Máis información en: www.xadrecista.eu

31 de decembro de 2025

Xadrez na Rúa Nadal 2025 – Resultados do torneo

O pasado 28 de decembro de 2025, baixo os soportais da Praza de María Pita na Coruña, celebrouse o torneo de partidas rápidas dentro da xornada “Xadrez na Rúa Nadal 2025”, unha actividade pensada para dar visibilidade ó xadrez e compartilo entre nenos, nenas, pais, nais, avós e avoas.



Clasificación xeral

  1. 1º posto: Javier Tuimil Calvo
  2. 2º posto: José Manuel Rico Pousada
  3. 3º posto: Xan Vieito Cao-Feijoo

Premios por categorías

  • Primeiro clasificado Sub10: Iker Insua Scortegagma
  • Primeiro clasificado Sub12: Orio Justo González

Grazas a todas as persoas participantes e ó público que se achegou a desfrutar do xadrez na rúa nun ambiente festivo de Nadal. Agardamos repetir a experiencia en vindeiras edicións.







I Torneo de Nadal Concello de Cariño

I Torneo de Nadal Concello de Cariño 2025

O pasado 29 de decembro de 2025 celebrouse no Local Social do Concello de Cariño o I Torneo de Nadal Concello de Cariño, organizado nun ambiente festivo e deportivo.

O torneo disputouse en formato rápido, cun ritmo de xogo de 10 minutos + 3 segundos por xogada, reunindo a xogadores locais e da contorna nunha xornada de xadrez moi animada.







Tras 5 roldas de competición, o campión foi Miguel Picos Maiztegui, quen conseguiu unha puntuación perfecta.







Clasificación final

Posto Nome Puntos Desempate (M-Buch.) Desempate (Buch.)
1Miguel Picos Maiztegui58.014.0
2Pablo Fuelos Diéguez410.017.0
3Alejandro Docal Riola49.014.5
4José Luis Picos Nebril47.012.0
5Ismael Yañez Breijo39.016.0
6Mateo Vila Posada39.015.0
7Bernardo Armada Santiago39.015.0
8David Fernández Villar38.015.0
9Miguel Nieto Trinquete37.011.0
10Raúl Miranda Quiza35.08.5
11Kevin García Silva210.016.0
12Eduardo León Pérez28.014.0
13Roi Armada Pita28.012.5
14Lucas Barcón Yáñez27.011.5
15Oliver Teijeiro Vázquez26.09.5
16Arturo Senra García26.09.5
17Xabi Teijeiro Santalla18.012.5
18Tayra Miranda Lozano16.08.5
19Manuel Breijo Painceira0.55.09.5
20Jiaqi Wu0.55.08.5

Dende a organización agradécese a participación de todos os xogadores e o apoio das entidades colaboradoras.


 

23 de decembro de 2025

Xadrez na Rúa Nadal 2025


 Para combatir o frio temos unha boa idea: "Xogar ó xadrez na rúa". O Concello da Coruña nos deixa os soportais da Praza de María Pita o día 28 de decembro do 2025 para que adiquemos un día co noso deporte preferido.

Dende o mediodia (12:00) teremos taboleiros de xadrez e outras actividades de promoción. Xa pola tarde (17:00) entre todos os presentes xogaremos un pequeno torneo de partidas rápidas.

A presenza do xadrez na rúa e importante para dala visibilidade necesaria a promoción do xadrez na sociedade. Facer que pais, nais, avós e avoas, nenos e nenas compartan este deporte faino máis grande se é posible.

Esperámoos o domingo (e non será unha troula!)


22 de decembro de 2025

Torneo de Xadrez de Nadal Cedeira 2025

Torneo de Xadrez de Nadal Cedeira 2025

O pasado 20 de decembro de 2025 celebrouse na Sala Áncora de Cedeira o Torneo de Xadrez de Nadal, reunindo xogadores nun ambiente festivo e competitivo.

O torneo disputouse a ritmo de 10 minutos + 3 segundos por xogada, ao longo de 5 roldas que deixaron unha clasificación moi disputada.

O campión do torneo foi José Luis Picos Nebril, cun pleno de vitorias.




Clasificación final

Posto Nome Puntos Desempate (M-Buch.) Desempate (Buch.)
1José Luis Picos Nebril58.012.5
2Juan Caneiro Couto47.013.0
3Martín Cabanó38.014.0
4Roi Candela Aneiros2.58.013.5
5Eduardo León Pérez2.56.512.0
6Hugo Travieso Iglesias1.56.511.0
7Mario Aneiros Rodríguez17.011.5
8Antonio Vilasuso Díaz0.56.512.5

A organización agradece a participación de todos os xogadores e o apoio da Deputación da Coruña e do Concello de Cedeira para a realización do torneo.

 



23 de novembro de 2025

Resultados do torneo III Xadrez no Temple 2025

III Torneo de Xadrez no Temple

O 22 de novembro de 2025 celebrouse na Casa da Cultura de Vila Concepción (Cambre) o III Torneo de Xadrez no Temple, grazas ó patrocinio da Deputación da Coruña e coa colaboración do Concello de Cambre na cesión do local de xogo.

Participaron un total de 42 xogadores, con idades comprendidas entre os 5 e os 79 anos, representando as escolas de Palaestra e INCUDEque imparten no Sporting Casino, Royal British School e Calazanz, así como os clubs XDM, CIDU, Macondo, Smyslov Sada e EXA.

Convocatoria: ver anuncio do torneo. Clasificación completa en Info64.

Campións

  • Campión Xeral: Luca Grygar Casas (CIDU)
  • Subcampión Xeral: Francisco Allegue Vázquez (Macondo)
  • 3º Xeral: Carlos Castedo de Castro (XDM)
  • Campión Sub-14: Marco Marcote González (Smyslov Sada)
  • Campión Sub-10: Jorge Abellán Miguel (Sporting Casino)

Clasificación final

Pos. Nome Punto

s
(BH/C1)
1Grygar Casas, Luca6.022.0
2Allegue Vázquez, Francisco5.022.5
3Castedo de Castro, Carlos Albert5.021.0
4García Fernández, Manuel Antonio5.019.0
5González Fernández, Florencio4.519.0
6Redondo Lago, Juanjo4.022.0
7Marcote González, Marco4.021.0
8Fernández Ballón, Pablo4.018.5
9Martínez Nalda, Juan Pedro4.018.0
10Abellán Miguel, Katia4.017.0
11Méndez Trelles Tejo, Hugo4.016.5
12Valerio Arias, Paulo3.519.0
13Montes Vadillo, Diego3.518.5
14Castelo Ramos, José Luis3.518.5
15Abellán Miguel, Jorge3.518.0
16Andión, Manuel3.515.5
17Moro Cernadas, Nuno3.515.0
18García Martínez, Brais3.019.0
19Liñares Boga, José María3.019.0
20Guarddon, Francisco3.018.5
21Somoza Vicente, Gonzalo3.016.5
22Lado Cato, Martín3.016.0
23García Rodríguez, Ruperto José3.015.5
24Somoza Vicente, Fernando3.015.5
25Insua Scortegagna, Iker3.015.5
26Ramos Castro, Daniel3.015.0
27Chakkor Cotovad, Alonso3.012.5
28Rey Fidalgo, Lucas2.517.5
29Olivares, Andre2.510.0
30Penedo Gaspar, Diego2.018.5
31Landeira López, Iker2.016.5
32Ramírez Caramés, Jaime2.016.0
33Mosquera Martínez, Aitor2.014.5
34Rey Acosta, Mateo2.013.5
35Domínguez Tirapu, Guillermo2.013.0
36Somoza Martínez, Romeo2.013.0
37Rodríguez Buckley, Iago2.012.0
38Martínez Delgado, Daniel1.516.0
39Ramírez Caramés, Pablo1.016.0
40Rey Campuzano, Ramón1.012.5
41Jiménez, Alexia0.513.0
42Somoza Fernández, Fernando0.59.0

Galería




Mais fotos en https://www.facebook.com/xadrecistas Grazas a todas as persoas e entidades que o fixeron posible: patrocinio da Deputación da Coruña e colaboración do Concello de Cambre na cesión do espazo de xogo. Seguimos a medrar o xadrez en Cambre con paixón e comunidade.

10 de novembro de 2025

III TORNEO XADREZ NO TEMPLE

O III Torneo Xadrez no Temple nace coa vontade de ofrecer unha experiencia accesible e formativa para todos aqueles xogadores e xogadoras que están comezando no mundo do xadrez. Este evento está especialmente pensado para que os participantes poidan vivir o ambiente dun torneo real, coñecer o funcionamento das competicións e adquirir confianza nas súas primeiras partidas oficiais.

Nun entorno amigable e organizado, o torneo busca fomentar o espírito deportivo, o respecto entre rivais e o gusto polo xogo. A participación está aberta a todos os afeccionados, sen necesidade de contar con ELO FIDE, e con categorías adaptadas para os máis novos. Unha excelente oportunidade para dar os primeiros pasos no xadrez competitivo!

Data: Sábado 22 de novembro de 2025

Local de xogo: Casa da Cultura Vila Concepción (Cambre)

🕹️ Sistema e ritmo de xogo

  • Sistema: Suízo a 5 rondas
  • Ritmo: 10 minutos + 3 segundos de incremento por xogada
  • Horario:
    • 17:00 - Presentación
    • 17:15 - 1ª rolda
    • 17:45 - 2ª rolda
    • 18:15 - 3ª rolda
    • 18:45 - 4ª rolda
    • 19:15 - 5ª rolda
    • 20:00 - Clausura

🔄 Emparellamentos

Realizaránse mediante programa informático VEGA. Non se admitirán reclamacións salvo erros na introdución de resultados antes do inicio da seguinte rolda.

👥 Participantes

O torneo NON será válido para ELO FIDE. Está aberto á participación de calquera aficionado.

💶 Inscricións

Prezo: 3€ (exentos socios AGAX)

⚖️ Desempates

  • Encontro Directo
  • Bucholz corte-1 (BH-C1)
  • Bucholz Total
  • Progresivo
  • Media de Elo dos rivais -1 (ARO-C1)

🏆 Premios

  • Trofeo para os tres primeiros da clasificación xeral
  • Trofeo para o mellor sub-14
  • Trofeo para o mellor sub-10
  • Medalla para o resto de participantes

📜 Regras de xogo

Para o non especificado nestas bases aplicarase o regulamento da FIDE.

💶 Inscricións

Prezo: 3€ (exentos socios AGAX)

📸 Consentimento e organización

A inscrición no torneo supón a aceptación destas bases e a autorización dos participantes para publicar os seus datos persoais ou fotografías nos diversos medios de comunicación que se considere oportunos para difusión do evento (resultados, listados, clasificacións, partidas, fotos, etc.).

A organización resérvase o dereito de admisión, así como o dereito de rectificar ou modificar estas bases ou cancelar o torneo sen máis aviso que a súa publicación na páxina web oficial: xadrecista.eu

3 de novembro de 2025

Resultados Copa AGAX 2025 e Torneo Tódolos Santos 2025

O día 1 de novembro de 2025 celebráronse os torneos Copa AGAX e Torneo Tódolos Santos, organizados pola Asociación Galega de Xadrecistas, nas instalación do Sporting Club Casino. O torneo foi patrocinado coa axuda do Concello da Coruña. Máis información dispoñible en esta ligazón.

Copa AGAX 2025

  • 1º posto: Marco Marcote (Smyslov Sada)
  • 2º posto: Angela Castiñeira (Perillo)

Torneo Tódolos Santos 2025

  • 1º posto: Hugo Boquete (Xadrez Compostela)
  • 2º posto: Gonzalo López (CIDU)
  • 3º posto: Marcos Marcote (Smyslov Sada)

Os resultados completos poden consultarse en ChessManager.





2 de novembro de 2025

Resultado Liga das Mariñas

O pasado sábado día 25, celebrouse en Vila Concepción esta nova edición, foi unha tarde bo ambiente xadrecistico, onde disfrutamos tanto os xogadores como o público que se acercou.

Como xa é hatibual o torneo dividese en primeria e segunda división.