Un ano máis, o xadrez volve ser protagonista nunha das citas máis agardadas do calendario coruñés: o Día da Ciencia na Rúa. O vindeiro 9 de maio, o Parque de Santa Margarida converterase nun taboleiro xigante onde a estratexia e a diversión irán da man.
Programación completa
Dende a organización preparamos unha xornada intensiva con actividades para todos os niveis e idades:
- Todo o día: Partidas libres de xadrez e damas en taboleiros xigantes.
- Todo o día: Partidas libres nos taboleiros de competición (excepto en horario de torneos).
- Xogos de estratexia: Difusión de diversos xogos de mesa en colaboración coa asociación INCUDE (dispoñible fóra do horario de competición).
Torneos e Horarios
Se o que buscas é competir, estas son as citas clave do día. Destacamos a incorporación dun torneo virtual para aproveitar o descanso do xantar:
| Hora | Evento |
|---|---|
| 12:30 - 13:30 | Torneo de Pasapezas (Divertida modalidade por parellas). |
| 14:30 - 15:00 |
Torneo de Xadrez Online (Lichess) Aproveita o descanso da comida para competir dende o teu móbil. 👉 UNIRSE AO TORNEO AQUÍ |
| 16:30 - 17:30 | Torneo Javier Novelle de Xadrez Rápido (Categorías Sub-14 e Absoluta). |
Información de Interese
- Lugar: Parque de Santa Margarida, A Coruña.
- Data: Sábado, 9 de maio de 2026.
- Inscricións Torneos Presenciais:
- Email: inscricion@xadrecista.eu (Indicar nome, data de nacemento e torneo).
- No propio stand ata 15 minutos antes de cada torneo.
- Torneo Online: Directamente na plataforma Lichess.
Agardámosvos para compartir unha xornada única de ciencia e estratexia ao aire libre!
Máis información en: www.xadrecista.eu
Ningún comentario:
Publicar un comentario