6 de abril de 2010

I Certame "Libro de Xadrez"

I Certame "Libro de Xadrez"
Bases

1. Poderán participar no certame calquera persoa que presente obras orixinais e inéditas escritas en galego.

2. O tema dos traballos será o xadrez, sendo material útil para o ensino ou promoción do mesmo e dentro desta idea o tema será libre. Os traballos presentaranse en formato DIN-A4, a dobre espazo en tipo de letra Times New Roman, corpo 10, por unha soa cara, cunha extensión mínima de 60 e máxima de 80 páxinas. Os diagramas ou figuras non superarán os 5x5 cm.
As persoas participantes poden presentar máis dunha obra.
Os traballos serán enviados a través de soporte dixital ao Apartado de Correos 769 - 15080 A Coruña ou ben vía Internet a correo@agax.org. O formato será .odt do open office ou .doc do Mircrosoft Word.

3. Os traballos presentaranse sen sinatura, indicándose en folla aparte ou en outro arquivo do correo os datos persoais (nome e apelidos, teléfono de contacto, enderezo completo e data de nacemento).

4. O prazo improrrogable de recepción de orixinais será o 23 de abril de 2010, Día do Libro.

5. Actuará como xurado a Xunta Directiva da Asociación Galega de Xadrecistas que poderá solicitar opinión doutras persoas adicadas ao ensino do xadrez. O devandito xurado poderá declarar deserto o concurso. A interpretación destas bases ou calquera outro aspecto non previsto nelas é competencia exclusiva do xurado.

6. A resolución do xurado, que será inapelable, farase pública o 8 de maio de 2010.

7. AGAX reservase os dereitos de edición sobre a obra premiada, dentro da Colección de Libros de Peto de ASENCUDEGA, facéndose unha tirada máxima de 500 exemplares. Estes primeiros exemplares estarán libres do pagamento de dereitos de autor/a. O beneficiario/a do premio, que se compromete a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos, recibirá gratuitamente cen exemplares da obra publicada.

8. A presentación de traballos a este certame supón a aceptación total destas bases.

Ningún comentario:

Publicar un comentario