17 de novembro de 2024

Torneo MUNCYT

Hai uns días celebrábase a Semana da Ciencia e como sabedes na Asociación Galega de Xadrecistas colaboramos con diversas destas actividades.

Nesta ocasión levamos unha das actividades que realizamos co Concello da Coruña ao Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT).

Nome do Torneo: XADREZ NO MUNCYT

Data: 23 de novembro de 2024.

Lugar: Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCYT).

Ritmo: 3 minutos + 2 segundos

Horario:
Presentación: 16,15
1º Rolda: 16,30
2ª Rolda: 16,50
3ª Rolda: 17,10
4\ Rolda: 17,30
5ª Rolda: 17,50
Entrega: 18,20

Premios:
Trofeos para os tres primeiros clasificados.
Medalla para todos os participantes.

Inscricións: De balde. Máximo 32 xogadores.
Os participantes terán a condición de socios colaboradores do Club Deportivo Auténtico e prioridade para anotarse no Torneo de Nadal nos Rosales do día 14 de decembro.
Non é valedeiro para ELO FIDE.

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licenza federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

12 de novembro de 2024

Resultado Copa AGAX

Gonzalo Bouza-Brey gañou a Copa AGAX celebrada o 1 de maio. A proba xogada por eliminatorias tivo lugar no Sporting Club Casino co apoio do Concello da Coruña, dentro das actividades da ponte.

Alberto Sánchez, vencedor en 2023 quedou no segundo posto.

Fase previa:
Gonzalo - Oliver: 1-0
Roberto - Alba: 1-0

Cuartos:
Roberto - José Ángel: 1-0
Marco - Lucas: 1-0
Manuel - Gonzalo: 0-1
Alberto - Adrián: 1-0

Semifinais:
Gonzalo - Marco: 1-0
Alberto - Roberto: 1-0

Final:
Alberto - Gonzalo: 0-1

11 de novembro de 2024

Torneo Tódolos Santos

A clasificación do torneo Tódolos Santos celebrado o pasado día 1 foi a seguinte:


Pos. Ran. Tít.Nombre Fed.Pts. DirE BH PS BH-C1 FIDE Origen/Club 
11Bouza-Brey Teijeiro, GonzaloESP5,00.013.015.011.51877
29Marcote Gonzalez, MarcoESP3,00.015.010.013.51460
33Rodriguez Tojeira, Jose AngelESP3,00.012.010.012.01721
46Lopez Lousame, Alba SakiESP3,00.012.09.012.01598
54Martinez Insua, AdrianESP3,00.012.07.010.51639
62Sanchez Bardanca, AlbertoESP2,50.014.57.513.01754
78Blandon Pao, RobertoESP2,01.011.03.011.01512
87Trigo Carro, ManuelESP2,00.010.58.010.51519
95Sanchez Torreiro, OliverESP1,50.013.55.513.51608
1010Rodriguez Vicente, LucasESP0,00.011.50.010.00

24 de outubro de 2024

COPA AGAX 2024

No 2019 a Asociación Galega de Xadrecistas na celebración do o seu XXX Aniversario creou un novo formato para a Copa AGAX e o Torneo Tódolos Santos disputados de xeito simultáneo. E aqui sigue a mesma idea cinco anos despois.

Cun máximo de 32 xogadores temos o número ideal para unha Copa por eliminatorias e un torneo suizo..

Nome do Torneo: COPA AGAX

Data: 1 de novembro de 2024.

Lugar: 4ª Planta do Sporting Club Casino - A Coruña.

Ritmo: Na Copa o sistema de xogo será por eliminatorias xogadas por Armagedón, no que as Brancas terán 5 minutos e Negras 4 minutos, sendo as táboas valoradas como vitoria das negras.

No Torneo Tódolos Santos o ritmo será de 15 minutos finish.

Sistema: A Copa realizarase por sorteo simple, tanto para o lugar no cadro como para as cores a empregar en cada partida. 

O torneo de complemento Tódolos Santos será un suizo a cinco roldas.

Horario:

O horario dos torneos facilita a participación simultánea nos dous torneos. Pode variar segundo o número de asistentes.

HORARIO COPA:
16,00-16,15 Presentación, 16,20 sorteo.
Decimoctavos: 16,30 Octavos: 17,15 Cuartos: 18,00 Semifinais: 18,45 Final B: 19,30 Final A: 20,15

HORARIO TORNEO TÓDOLOS SANTOS:
16,45 / 17,30 / 18,15 / 19,00 / 19,45

ENTREGA DE TROFEOS ÁS 20,30

Premios:
Trofeos para os dous primeiros clasificados da Copa AGAX.
Trofeo para os tres mellores do Torneo Suizo.

Inscricións: 3 euros (de balde para socios de AGAX). Faite socio... infórmate AQUI
É obrigatorio estar federado de non ser socio do Sporting Club Casino.
Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: Os xogadores seran socios do Sporting Club Casino ou contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado pode informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo na celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.