24 de outubro de 2024

COPA AGAX 2024

No 2019 a Asociación Galega de Xadrecistas na celebración do o seu XXX Aniversario creou un novo formato para a Copa AGAX e o Torneo Tódolos Santos disputados de xeito simultáneo. E aqui sigue a mesma idea cinco anos despois.

Cun máximo de 32 xogadores temos o número ideal para unha Copa por eliminatorias e un torneo suizo..

Nome do Torneo: COPA AGAX

Data: 1 de novembro de 2024.

Lugar: 4ª Planta do Sporting Club Casino - A Coruña.

Ritmo: Na Copa o sistema de xogo será por eliminatorias xogadas por Armagedón, no que as Brancas terán 5 minutos e Negras 4 minutos, sendo as táboas valoradas como vitoria das negras.

No Torneo Tódolos Santos o ritmo será de 15 minutos finish.

Sistema: A Copa realizarase por sorteo simple, tanto para o lugar no cadro como para as cores a empregar en cada partida. 

O torneo de complemento Tódolos Santos será un suizo a cinco roldas.

Horario:

O horario dos torneos facilita a participación simultánea nos dous torneos. Pode variar segundo o número de asistentes.

HORARIO COPA:
16,00-16,15 Presentación, 16,20 sorteo.
Decimoctavos: 16,30 Octavos: 17,15 Cuartos: 18,00 Semifinais: 18,45 Final B: 19,30 Final A: 20,15

HORARIO TORNEO TÓDOLOS SANTOS:
16,45 / 17,30 / 18,15 / 19,00 / 19,45

ENTREGA DE TROFEOS ÁS 20,30

Premios:
Trofeos para os dous primeiros clasificados da Copa AGAX.
Trofeo para os tres mellores do Torneo Suizo.

Inscricións: 3 euros (de balde para socios de AGAX). Faite socio... infórmate AQUI
É obrigatorio estar federado de non ser socio do Sporting Club Casino.
Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: Os xogadores seran socios do Sporting Club Casino ou contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado pode informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo na celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario