1 de xullo de 2022

A irresponsabilidade de Firouzja permite a Nepo poder ser campión mañán

 A inmadurez está a ser un dos graves problemas de Alireza Firouzja, de 19 anos, que onte non se acostou na cama até pasadas as 6:00 da mañan. Poderíamos pensar que a noite madrileña confundiulle e pasou das botellas de auga aos "roncolas". Sen embargo, isto está moi lonxe da realidade. O certo é que o iraní tirouse case 6 horas e máis de 250 partidas xogando Ultrabullet contra o comentarista de chess.com GM Daniel Naroditsky. As partidas, que eran públicas, foron seguidas por moitos usuarios ante a estufacción xeneralizada de ver como ao día seguinte tiña un enfrentamento contra o líder Ian Nepomniachtchi. Como non podía ser doutra forma, o encontro saldouse coa vitoria do ruso. Un g4 e h4 rápido e pouco profundo por parte do xoven xadrecista, unido as xogadas precisas do anterior gañador do Candidatos, precipitou este resultado. Con todo, o Torneo está decidido, salvo sorpresa que parece certamente imposible. O propio Nakamura estaba sorprendido pola decisión de Firouzja de xogar a este ritmos onte porque, dixo o americano, "non aporta nada ao teu xogo, e máis, perxudica gravemente a concentración e preparación. Non é o mesmo xogar o Martes de Titulados pois hai xogadores duros como Andreikin ou Salem e tes máis tempo para analizar e reflexionar que xogar Ultrabullet." Incluso puidose ver ao iraní xogando "desganado" e bostezando en varios intres da partida, denotando o cansancio que tiña. Veremos se o xoven prodixio segue a tirar pola borda todo o traballo del e do seu equipo de analistas ou entende que non pode perder máis ELO. Non obstante, hai que comprender que é realmente duro ser o claro candidato a gañar o Torneo e estar último, perdendo posicións moi favorables. 


Outra das sorpresas foi a remontada estelar do chinés Ding Liren, do que tendes unha entrevista na nosa canle de YouTube: AGAX. O xogador con máis ELO do torneo está a comprender as posicións como ninguén máis, a excepción de Nepo. Con esta última vitoria contra Fabiano Caruana asentase nunha segunda praza que vía fai varias xornadas como un imposible. O americano que estaba loitando cóbado a cóbado con Ian pasa a 4º lugar con ½ de 4 últimas roldas. A importancia deste resultado deriva en que se Magnus Carlsen decide non revalidar o seu título, o enfrontamento no Campionato do Mundo sería entre o primeiro e o segundo clasificado neste Torneo de Candidatos. Actualmente, se Magnus non xoga, Ian Nepomniachtchi e Ding Liren loitarían polo trono mundial do xadrez o ano que ven. 


Así, os resultados tras 11 roldas son os seguintes: 

Posición

Nome

Puntuación

ELO

1

Nepomniachtchi, Ian   

8/11

2766

2

Ding, Liren 

6½/11

2806

3

Nakamura, Hikaru 

6/11

2760

4

Caruana, Fabiano 

5½/11

2783

5

Radjabov, Teimour 

5/11

2753

6

Duda, Jan-Krzysztof 

4½/11

2750

7

Rapport, Richard 

4½/11

2764

8

Firouzja, Alireza 

4/11

2793


30 de xuño de 2022

Golpe de efecto no Candidatos

Ian Nepomniachtchi logra salvar unha posición difícil contra o seu perseguidor, Fabiano Caruana, e consegue manter unha xornada máis a ampla ventaxa que posúe. O ruso tivo que remar contracorrente para igualar a posición. Tras o Ch4 e a posterior Da4, o americano tiña unha oportunidade única para poñerse en cabeza da clasificación. Sen embargo, unha imprecisión de Fabi na valoración da posición tras un intercambio de pezas impedía que se pasaran das tablas. Con todo, Nepo xa xoga coa calculadora na man, consciente das chances que ten para conseguir esa plaza para o Campionato do Mundo.
Pola súa contra, esta rolda 9 deixounos a primeira vitoria dos favoritos antes de comezar o torneo, tanto do chinés Ding Liren como do franco-iraní Firouzja. Ambolos dous conseguiron quitar a espiña que tiñan crabada e fixeronse co triunfo ante Duda e Rapport, respectivamente. A pesar destas vitorias, encóntranse moi lonxe do líder do torneo, Ian Nepomniachtchi. 


Así, os resultados tras a 9ª Rolda son os seguintes: 

Posición

Nome

Puntuación

ELO

1

Nepomniachtchi, Ian   

6½/9

2766

2

Caruana, Fabiano 

5½/9

2783

3

Nakamura, Hikaru 

4½/9

2760

4

Ding, Liren 

4½/9

2806

5

Rapport, Richard 

4/9

2764

6

Firouzja, Alireza 

4/9

2793

7

Radjabov, Teimour 

4/9

2753

8

Duda, Jan-Krzysztof 

3/9

2750


27 de xuño de 2022

Xogo de Tronos no Torneo de Candidatos

O Torneo de Candidatos está cada día máis emocionante. A tensión respírase na sala de xogo. Os xogadores son conscientes de que esta pode ser unha das oportunidades máis importantes da súa vida para lograr sentarse no Trono mundial do xadrez, que actualmente ocupa Magnus Carlsen. Tras superar hoxe o ecuador do torneo, estes 8 reis do xadrez aspiran non só a gañar este torneo senón deixar un legado no xogo das 64 cuadrículas, como se de unha serie de ficción se tratase. 

O que máis preto está de conseguilo é o anterior retador Ian Nepomniachtchi. O ruso ten este día un match ball frente a Fabiano Caruana, o seu perseguidor, que se encontra a 1 punto de distancia. Con todo, Nepo pretende redimirse da súa decepcionante actuación no Campionato do Mundo do ano 2021, contra o noruego Carlsen, xa que perdíu cun global de 7½ contra 3½ , deixando, ademais, erros impropios do seu nivel. Non obstante, estamos a ver un Nepo renovado e moi forte, con ideas complicadas pero que lle están a dar un resultado bastante positivo. 

Para exemplo, a partida que tivo con pezas negras contra Richard Rapport. O húngaro, tras pensar durante más de tres cuartos, decide seguir unha liña certamente ariscada e Nepo non fallou, fixo as xogadas que propoñía o mesmo Stockfich e gañou. Foi un veni, vidi, vinci en toda regra. 

Pola outra banda, os claros favoritos para gañar este torneo están a desilusionar, tanto o chinés Ding Liren como o franco-iraní Firouzja. Ambolos dous están encontrando moitas dificultades para pasar das tablas. Actualmente, teñen 3½ e 3 puntos respectivamente. Estes resultados escapan ao entendemento xeneralizado pois Ding Liren está xogando un xadrez moi preciso e o xoven iraní introduce moitas novidades nas aperturas, axudado pola preparación do seu analista Cheparinov. Sen embargo, non consegue materializar esas oportunidades que posúe. 



Así, os resultado con 8 roldas xogadas son os seguintes: 

Posición

Nome

Puntuación

ELO

1

Nepomniachtchi, Ian   

6/8

2766

2

Caruana, Fabiano 

5/8

2783

3

Nakamura, Hikaru 

4½/8

2760

4

Rapport, Richard 

4/8

2764

5

Ding, Liren 

3½/8

2806

6

Duda, Jan-Krzysztof 

3/8

2750

7

Radjabov, Teimour 

3/8

2753

8

Firouzja, Alireza 

3/8

2793

Quedaremos pendentes do que poida pasar no mellor torneo do ano porque, non esquezamos, o xadrez é un deporte máxico no que os estados de ánimo son importantísimos. Todo o que suceda contarémollo aquí, neste blog. 


Un saúdo a todos dende o Palacio de Santoña,

Brais. 

13 de xuño de 2022

Resultados do Torneo de Curtis

O sábado 28 de maio tivo lugar o primeiro Torneo Festa das Flores en Curtis co seguinte resultado:

1 MARCOS MARTINEZ,     4 14.0 15.5 10.0 4

2 RUBEN TROITEIRO,     4 12.0 17.0 10.0 4

3 DANI CODESIDO,     4 11.0 15.5 10.0 4

4 FRAN TROITEIRO,     3 12.0 15.5 9.5 3

5 JORGE MARTI,     3 10.0 11.0 7.5 2

6 PABLO IGLESIAS,     3 10.0 11.0 6.5 3

7 MARIO FERNANDEZ,     3 9.0 11.5 7.0 3

8 ROI MILLAN,     3 7.0 11.5 7.0 3

9 MARIO SANCHEZ,     2 6.0 9.5 6.0 2

10 NICOLAS ABAD,     2 4.0 14.0 8.5 1

11 ANDREW AGUILAR,     2 3.0 11.5 7.0 1

12 OSCAR SANCHEZ,     1 4.0 12.0 7.5 0

13 ALVARO YAÑEZ,     1 3.0 13.0 8.0 0

A continuación deste torneo de rápidas tivo lugar a rolda final da Liga das Mariñas en ritmo standard na que se impuso o equipo de Betanzos.