|
Posición |
Nome |
Puntuación |
ELO |
|
1 |
Nepomniachtchi, Ian |
6½/9 |
2766 |
|
2 |
Caruana, Fabiano |
5½/9 |
2783 |
|
3 |
Nakamura, Hikaru |
4½/9 |
2760 |
|
4 |
Ding, Liren |
4½/9 |
2806 |
|
5 |
Rapport, Richard |
4/9 |
2764 |
|
6 |
Firouzja, Alireza |
4/9 |
2793 |
|
7 |
Radjabov, Teimour |
4/9 |
2753 |
|
8 |
Duda, Jan-Krzysztof |
3/9 |
2750 |
30 de xuño de 2022
Golpe de efecto no Candidatos
27 de xuño de 2022
Xogo de Tronos no Torneo de Candidatos
O Torneo de Candidatos está cada día máis emocionante. A tensión respírase na sala de xogo. Os xogadores son conscientes de que esta pode ser unha das oportunidades máis importantes da súa vida para lograr sentarse no Trono mundial do xadrez, que actualmente ocupa Magnus Carlsen. Tras superar hoxe o ecuador do torneo, estes 8 reis do xadrez aspiran non só a gañar este torneo senón deixar un legado no xogo das 64 cuadrículas, como se de unha serie de ficción se tratase.
Pola outra banda, os claros favoritos para gañar este torneo están a desilusionar, tanto o chinés Ding Liren como o franco-iraní Firouzja. Ambolos dous están encontrando moitas dificultades para pasar das tablas. Actualmente, teñen 3½ e 3 puntos respectivamente. Estes resultados escapan ao entendemento xeneralizado pois Ding Liren está xogando un xadrez moi preciso e o xoven iraní introduce moitas novidades nas aperturas, axudado pola preparación do seu analista Cheparinov. Sen embargo, non consegue materializar esas oportunidades que posúe.
|
Posición |
Nome |
Puntuación |
ELO |
|
1 |
Nepomniachtchi, Ian
|
6/8 |
2766 |
|
2 |
Caruana, Fabiano |
5/8 |
2783 |
|
3 |
Nakamura, Hikaru |
4½/8 |
2760 |
|
4 |
Rapport, Richard |
4/8 |
2764 |
|
5 |
Ding, Liren |
3½/8 |
2806 |
|
6 |
Duda, Jan-Krzysztof |
3/8 |
2750 |
|
7 |
Radjabov, Teimour |
3/8 |
2753 |
|
8 |
Firouzja, Alireza |
3/8 |
2793 |
Quedaremos pendentes do que poida pasar no mellor torneo do ano porque, non esquezamos, o xadrez é un deporte máxico no que os estados de ánimo son importantísimos. Todo o que suceda contarémollo aquí, neste blog.
Un saúdo a todos dende o Palacio de Santoña,
Brais.
13 de xuño de 2022
Resultados do Torneo de Curtis
O sábado 28 de maio tivo lugar o primeiro Torneo Festa das Flores en Curtis co seguinte resultado:
1 MARCOS MARTINEZ, 4 14.0 15.5 10.0 4
2 RUBEN TROITEIRO, 4 12.0 17.0 10.0 4
3 DANI CODESIDO, 4 11.0 15.5 10.0 4
4 FRAN TROITEIRO, 3 12.0 15.5 9.5 3
5 JORGE MARTI, 3 10.0 11.0 7.5 2
6 PABLO IGLESIAS, 3 10.0 11.0 6.5 3
7 MARIO FERNANDEZ, 3 9.0 11.5 7.0 3
8 ROI MILLAN, 3 7.0 11.5 7.0 3
9 MARIO SANCHEZ, 2 6.0 9.5 6.0 2
10 NICOLAS ABAD, 2 4.0 14.0 8.5 1
11 ANDREW AGUILAR, 2 3.0 11.5 7.0 1
12 OSCAR SANCHEZ, 1 4.0 12.0 7.5 0
13 ALVARO YAÑEZ, 1 3.0 13.0 8.0 0
A continuación deste torneo de rápidas tivo lugar a rolda final da Liga das Mariñas en ritmo standard na que se impuso o equipo de Betanzos.
23 de maio de 2022
XADREZ EN CURTIS
O mesmo día de 12,30 a 14,00 teremos un xogo de pistas baseado no xadrez pola zona. Empezará á hora indicada no Cafe Español (Avenida Principal 11).
Datas: 28 de maio de 2022.
Lugar: Recinto Ferial. Curtis (A Coruña).
Ritmo: 5 minutos finish.
Horario:
Recoméndase o emprego de máscara. A organización disporá de máscaras para os que o solicitem.
PREME PARA INSCRIBIRSE
Advertencia 1: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 2: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.






