6 de abril de 2010

Actividades en colexios 2010

A actividadenos colexios que colabouran con este programa consiste na visita dun monitor de AGAX que da aos alumnos entre 3º e 6º de primaria unha charla sobre xadrez e as súas normas básicas.

A idea é que todos os rapaces ao chegar a secundaria saiban xogar ao xadrez e teñan unhas ideas básicas.

Ademais tentamos potenciar o xadrez como actividade escolar, dividindo a xente do torneo por colexios e proclamando un campión de cada centro.

A actividade compleméntase con actividades culturais, como a compra de libros de xadrez por parte dos colexios ou actividades como visitar o estadio de Riazor, no que os rapaces reciben un libro de Iniciación ao xadrez.

I Certame "Libro de Xadrez"

I Certame "Libro de Xadrez"
Bases

1. Poderán participar no certame calquera persoa que presente obras orixinais e inéditas escritas en galego.

2. O tema dos traballos será o xadrez, sendo material útil para o ensino ou promoción do mesmo e dentro desta idea o tema será libre. Os traballos presentaranse en formato DIN-A4, a dobre espazo en tipo de letra Times New Roman, corpo 10, por unha soa cara, cunha extensión mínima de 60 e máxima de 80 páxinas. Os diagramas ou figuras non superarán os 5x5 cm.
As persoas participantes poden presentar máis dunha obra.
Os traballos serán enviados a través de soporte dixital ao Apartado de Correos 769 - 15080 A Coruña ou ben vía Internet a correo@agax.org. O formato será .odt do open office ou .doc do Mircrosoft Word.

3. Os traballos presentaranse sen sinatura, indicándose en folla aparte ou en outro arquivo do correo os datos persoais (nome e apelidos, teléfono de contacto, enderezo completo e data de nacemento).

4. O prazo improrrogable de recepción de orixinais será o 23 de abril de 2010, Día do Libro.

5. Actuará como xurado a Xunta Directiva da Asociación Galega de Xadrecistas que poderá solicitar opinión doutras persoas adicadas ao ensino do xadrez. O devandito xurado poderá declarar deserto o concurso. A interpretación destas bases ou calquera outro aspecto non previsto nelas é competencia exclusiva do xurado.

6. A resolución do xurado, que será inapelable, farase pública o 8 de maio de 2010.

7. AGAX reservase os dereitos de edición sobre a obra premiada, dentro da Colección de Libros de Peto de ASENCUDEGA, facéndose unha tirada máxima de 500 exemplares. Estes primeiros exemplares estarán libres do pagamento de dereitos de autor/a. O beneficiario/a do premio, que se compromete a renunciar expresamente a calquera pretensión sobre os devanditos dereitos, recibirá gratuitamente cen exemplares da obra publicada.

8. A presentación de traballos a este certame supón a aceptación total destas bases.

7 de novembro de 2008

Empezan as actividades do curso 2008-2009

Co mes de novembro comezan as actividades da sección de xadrez da Universidade.
Os mércores de 19,30 a 20,30 Antonio Pazos encárgase da actividade no Pabillón de Deportes de Elviña.
Os venres a actividade será mais de competición, sendo tamén de 19,30 a 20,30, pero neste caso no Centro Universitario de Riazor (CUR, antiga Escola de Empresariais).

20 de agosto de 2008

Mais infomación VIII Agosto en Cambre

ORGANIZA:
Escola Xadrez Sigras
e-mail: escolaxadrezsigras@hotmail.com

VIII TORNEO XADREZ
“AGOSTO EN CAMBRE”
SABADO 23 DE AGOSTO
POLIDEPORTIVA DE CAMBRE

BASES DO TORNEO
1ª O VIII Torneo Xadrez “Agosto en Cambre” celebrase na Polideportiva de Cambre (detrás do concello) o sabado 23 de agosto do 2008.
2ª Xogarase `por sistema suizo a 7 rondas Ritmo de xogo 20 minutos por xogador finish.
3ª O Torneo comenzará coa presentacion dos xogadores as 10:30 da mañan e rematará coa entrega de premios as 20:00.
4ª O pago da inscripcion e obligatorio para todos os xogadores. Aquel xogador que non o teña realizado antes do inicio da 2ª ronda podrá ser eliminado do torneo.
5ª A organización reservase o dereito de eliminar a todo xogador que non se presente a unha das rondas
6ª O emparellamento realizarase por sistema informatico contra o que non haberá reclamacions.
7ª Sera o árbitro quen decida a colocacion dos reloxos.
8ª A orde de aplicación dos sistemas de desempate sortearase ó rematar o torneo de entre os seguintes: Progresivo, Bucholz Total e Bucholz Medio.
9ª Os premios non son acumulables, sempre se entregara o de maior cuantia. (A entrega farase por tranferencia bancaria)
10ª Todo o non especificado nestas bases rexirase polas normas e regulamentos da Federacion Internacional de Xadrez (FIDE)
11ª A participacion neste torneo supon a aceptacion das bases.

INSCRIPCIÓNS
XERAL 5 €
Xogadores Locais e Sub-14: Gratis

As inscipciós poderanse realizar por e-mail a escolaxadrezsigras@hotmail.com ou chamando os seguintes numeros de telefono:

981 61 31 86 (horario de maña)
652 696 531 (horario de tarde)

En calquer caso debera aportar os seguintes datos: nome e apelidos, idade e ELO nos casos que proceda.

HORARIOS
10:30 Presentacion de xogadores
1ª Ronda: 10:45
2ª Ronda: 11:45
3ª Ronda: 12:40
4ª Ronda: 16:15
5ª Ronda: 17:05
6ª Ronda: 17:55
7ª Ronda: 18:45
20:00 Entrega de Premios.

GENERAL
1º 300 € + Trofeo
2º 150 € + Trofeo
3º 120 € + Trofeo
elo fide< 1900
1º 100 €+ Trofeo
2º 50 € + Trofeo
sin elo fide
1º 70 € + Trofeo
2º 40 € + Trofeo
sin elo fide ni feda
1º 40 € + Trofeo
2º 20 € + Trofeo
local
1º 60 € + Trofeo
2º 40 € + Trofeo
OUTROS PREMIOS
1º Clasificado sub-18 : 30 € + Trofeo
2º Clasificado sub-18 : Trofeo
1º Clasificado sub-16: 30 € + Trofeo
2º Clasificado sub-16 : Trofeo
1º Clasificado sub-14:Trofeo + Libro
2º Clasificado sub-14: Trofeo
1º Clasificado sub-12:Trofeo + Libro
2º Clasificado sub-12: Trofeo
1º Clasificado sub-10:Trofeo + Libro
1º Clasificado sub-8: Trofeo + Libro