25 de marzo de 2025

TORNEO CLAUSURA LIGA COLEXIAL

O vindeiro sábado faremos un torneo para pechar a Liga AGAX Colexial. Dende a Asociación Galega de Xadrecistas damos as grazas ao Concello da Coruña e a ao Centro Comercial Los Rosales, que acolleu a Liga e este torneo final.

Importante: Torneo só para os que participaran na Liga AGAX Colexial.

Nome do Torneo: TORNEO CLAUSURA LIGA COLEXIAL

Data: 29 de marzo de 2025.

Lugar: Centro Comercial Los Rosales.

Ritmo: 15 minutos finish

Horario:
Presentación: 16,45
1º Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,30
3ª Rolda: 18,00
4\ Rolda: 18,30
5ª Rolda: 19,00
Entrega: 19,30

Premios:
Trofeos para os tres primeiros clasificados.
Medalla para todos os participantes.
Aproveitarase para facer a entrega dos trofeos aos equipos da Liga AGAX Colexial.

Inscricións: De balde para xogadores que participaran na Liga AGAX Colexial.

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licenza federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario