Jesús Pallas que o domingo cumpriu 79 anos segue en activo no xadrez e foi un dos fortes xogadores coruñeses que tamén lograron para a cidade a celebración de torneos internacionais ou traer a campións do Mundo.
Como xogador participou en distintos equipos de xadrez como Deportivo, Artesanos e Xadrez das Mariñas (tras a absorción de Artesanos), equipo no que segue a militar.
Como organizador hai 50 anos foi o primeiro en organizar un suizo aberto na Coruña.
Por iso pensamos que merecía unha pequena homenaxe e desexar que siga a disputar partidas moitos anos mais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario