24 de outubro de 2024

COPA AGAX 2024

No 2019 a Asociación Galega de Xadrecistas na celebración do o seu XXX Aniversario creou un novo formato para a Copa AGAX e o Torneo Tódolos Santos disputados de xeito simultáneo. E aqui sigue a mesma idea cinco anos despois.

Cun máximo de 32 xogadores temos o número ideal para unha Copa por eliminatorias e un torneo suizo..

Nome do Torneo: COPA AGAX

Data: 1 de novembro de 2024.

Lugar: 4ª Planta do Sporting Club Casino - A Coruña.

Ritmo: Na Copa o sistema de xogo será por eliminatorias xogadas por Armagedón, no que as Brancas terán 5 minutos e Negras 4 minutos, sendo as táboas valoradas como vitoria das negras.

No Torneo Tódolos Santos o ritmo será de 15 minutos finish.

Sistema: A Copa realizarase por sorteo simple, tanto para o lugar no cadro como para as cores a empregar en cada partida. 

O torneo de complemento Tódolos Santos será un suizo a cinco roldas.

Horario:

O horario dos torneos facilita a participación simultánea nos dous torneos. Pode variar segundo o número de asistentes.

HORARIO COPA:
16,00-16,15 Presentación, 16,20 sorteo.
Decimoctavos: 16,30 Octavos: 17,15 Cuartos: 18,00 Semifinais: 18,45 Final B: 19,30 Final A: 20,15

HORARIO TORNEO TÓDOLOS SANTOS:
16,45 / 17,30 / 18,15 / 19,00 / 19,45

ENTREGA DE TROFEOS ÁS 20,30

Premios:
Trofeos para os dous primeiros clasificados da Copa AGAX.
Trofeo para os tres mellores do Torneo Suizo.

Inscricións: 3 euros (de balde para socios de AGAX). Faite socio... infórmate AQUI
É obrigatorio estar federado de non ser socio do Sporting Club Casino.
Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: Os xogadores seran socios do Sporting Club Casino ou contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado pode informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo na celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

16 de outubro de 2024

ASOCIARSE 2024-2025

Cotas da tempada 2024-2025 as cotas serán as seguintes:

COTAS ANUAIS 2024-2025
(Ata o 31/08/2025)

Socio xeral: 10 euros

Socio xuvenil: 5 euros (nados en 2007 ou seguintes)




Axúdanos a seguir facendo mais xadrez!


25 de agosto de 2024

Resultados Tarde de Xadrez en Santa Margarita

Oliver Sánchez con 4,5 puntos posibles e Ariadna López e Florencio González con 4 puntos ocuparon o podium do amigable que un ano mais convocamos no Parque de Santa Margarida no derradeiro domingo de agosto (data tradicional da romaría de Santa Margarida).

En principio ista foi a nosa última actividade da tempada 2023-204.

O próximo domingo, dia 1 de setembro, dará inicio a seguinte, no día no que se cumpren 35 anos da nosa inscrición no Rexistro.

Clasificación:

1 OLIVER SANCHEZ,     4.5 4 8.5 14.5 14.0

2 ARIADNA LOPEZ,     4 4 7.0 12.0 12.0

3 FLORENCIO GONZALEZ,     4 3 10.5 16.0 12.0

4 ALBERTO SANCHEZ,     3.5 3 9.0 15.5 12.0

5 DAVID PEREZ,     3 3 6.5 12.0 7.0

6 DOMINIK HOZAK,     3 3 5.0 9.0 9.0

 MARCO MARCOTE,     3 3 5.0 9.0 9.0

8 ALEX LOPEZ,     2 2 9.5 17.0 9.0

9 LUCAS RIDRIGUEZ,     2 2 8.5 13.0 5.0

10 DAVID BARBERO,     2 2 6.0 9.0 5.0

11 MARTIN DIAGO,    2 2 4.0 8.0 3.0

12 RODRIGO SOTO,     1 1 8.0 14.0 5.0

13 TEO VIDAL,     1 1 8.0 14.0 3.0

14 ROQUE CANALES,     0 0 7.0 12.0 0.0


29 de maio de 2024

Situación do Circuíto

Tras os últimos torneos e sabendo que non hai mais probas en maio computables, traemos aquí a situación do ranking.

O trío de cabeza non cambiou tras os cinco primeiros meses do ano; Marcos Martínez, Iago Soto e Alberto Sánchez manteñen os seus postos na cabeza.

No trimestre que queda teremos varias probas, asi que todo pode cambiar.

Xa temos mais de medio centenar de xogadores que lograran puntuar nas diferentes probas realizadas dende o 1 de setembro de 2023.