A actividade desenvolverase o venres 27 dende as 17,30 horas.
Consiste nunha serie de torneos de distintos xogos facendo unha clasificación combinada.
Contarán para esta as mellores clasificacións en tres probas, das cinco que terán as xornadas.
17,30 - 18,30: Risk
18,30 - 19,30: Othello
19,30 - 20,30: Dominó
20,30 - 21,30: Damas
21,30 - 22,30: Mancala e Catro en liña
Cota de participación de 1 euro para socios de AGAX (2 para o resto) e trofeo para os tres primeiros.
25 de decembro de 2013
10 de novembro de 2013
TORNEO DE SEMIRRAPIDAS DE AGAX
Só para os socios.
Os luns 11, 18 e 25 de novembro no Sporting Club Casino.
19,00 horas.
Partidas a 25 minutos. 2 partidas por día.
Gratuíto.
Trofeo para o vencedor.
Os luns 11, 18 e 25 de novembro no Sporting Club Casino.
19,00 horas.
Partidas a 25 minutos. 2 partidas por día.
Gratuíto.
Trofeo para o vencedor.
21 de outubro de 2013
Carlos Castedo gaña o Torneo FischerRandom
Empate na cabeza do Torneo FischerRandom entre Carlos Castedo e José Manuel Andión, no que os sistemas de desempate favoreceron ao primeiro.
1. Carlos Castedo
2. José Manuel Andión
3. Dani Mayo
4. Santiago Dominguez
5. Ernesto Pérez
6. Dani Codesido
7. Manuel Andión
1. Carlos Castedo
2. José Manuel Andión
3. Dani Mayo
4. Santiago Dominguez
5. Ernesto Pérez
6. Dani Codesido
7. Manuel Andión
18 de outubro de 2013
18 de outubro: Torneo FischerRandom
Hoxe 18 de outubro no CUR teremos a edición anual do Torneo de Xadrez FischerRandom.O xadrez FischerRandom é unha variante do xadrez proposta por Bobby Fischer na que a posición de saída das pezas determínase aleatoriamente, aínda que con certas restricións. Foi oficilmente anunciado o 19 de xuño de 1996, na cidade de La Plata, Arxentina, se ben en AGAX xogarase case un ano antes a raíz dunha proposta de Fischer nunha entrevista.
O xadrez aleatorio de Fischer, conserva case todas as regras do xadrez, pero altera a disposición inicial das pezas e as regras do enroque. A meta de Fischer era crear unha variante do xadrez onde a creatividade e talento dos xogadores fosen máis importantes que a habilidade de memorizar e analizar aperturas predeterminadas.
O achegue de Fischer ao Xadrez Aleatorio xa existente, foi o de impor restricións á colocación azarosa das pezas; en especial á disposición do rei e as torres coa intención de permitir os enroques.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


