Nome do Torneo: XXVII TORNEO DO ROSARIO
Datas: 9 e 10 de outubro de 2021.
Lugar: Sábado torneo para os sub12 no Colexio Dominicos (entrada pola rúa Maestranza) e Domingo torneo absoluto no Sporting Club Casino (Rúa Real) - A Coruña.
Ritmo: 10 minutos + 3 segundos en ambos torneos
Horario:
Os dous días terán os mesmos horarios:
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,35
3ª Rolda: 18,10
4ª Rolda: 18,45
5ª Rolda: 19,20
6ª Rolda: 19,55
Entrega de Trofeos: 20,30
Situación COVID:
Os participantes deberán ter posta a máscara en todo momento e cumprir as indicacións dos organizadores.
Os participantes deberán ter posta a máscara en todo momento e cumprir as indicacións dos organizadores.
Haberá xel en tódalas mesas de xogo.
O número máximo de participantes será de 40.
O sábado disputarase no Pavillón do Colexio Dominicos e o domingo na 4ª planta do Casino, espazos doadamente ventilables.
Premios:
O sábado haberá trofeo para os 3 primeiros da categoría sub12 (2009 e 2010) os tres primeiros da categoría sub10 (2011 e 2012) e os tres primeiros da categoría sub8 (nados en 2013 ou seguintes)Haberá tamén medalla para todos.
O domingo pode anotarse quen desexe, independentemente da súa idade e haberá trofeos para os tres primeiros.
Inscricións: 3 euros
(de balde para alumnos de Dominicos o sábado, para socios do Casino o domingo e en xeral para os socios de AGAX).
Exclusivamente a través do formulario ligado:
PREME PARA INSCRIBIRSE
Advertencia 1: Dacordo coa normativa COVID aprobada pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Federación Galega de Xadrez esta proba que non vale para ELO será considerada unha actividade de adestramento. Os asistentes ou os seus pais deberán cubrir o formulario de aceptación de riscos antes do inicio do torneo.
Advertencia 2: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. No caso dos socios do Casino o seu seguro cubre a participación no torneo do domingo. Para o resto é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.
Advertencia 3: Os participantes na proba autorizan a publicación dos sus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.
Advertencia 4: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.
A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario