5 de novembro de 2019

LIGA AGAX 2019

En 1992 a Asociación Galega de Xadrecistas lanzou a primeira Liga de Outono, que mais tarde acabou convertida na Copa Galicia. Houbo anos nos que celebramos tres competicións por equipos; a Liga de Outono, a Liga de Primavera e a Liga AGAX.

Para celebrar o noso XXX Aniversario recuperamos, en principio só para este ano, a denominación de Liga AGAX para unha competición cun novo formato.

A nosa idea é celebrar un torneo por equipos a cinco roldas por sistema Scheveningen.

Nome do Torneo: LIGA AGAX

Data: 30 de novembro de 2019.

Lugar: Sporting Club Casino - Rúa Real - A Coruña.

Modalidade: Torneo por equipos de 4 xogadores en sistema Scheveningen (cada membro do equipo enfróntase aos catro membros do equipo rival). Suizo a 5 roldas.

Cada rolda disputada por Schveningen supón a disputa de 16 partidas.
O resultado global será o valorado en cada rolda (1 punto por vitoria, 0,5 por empate, 0 por derrota). A suma dos puntos obtidos nas partidas individuais será o sistema de desempate.

Normativa para os equipos participantes:

a. Poderán participar clubs galegos, cun ou varios equipos integrados por xogadores federados polo mesmo na tempada 2019. Polo tanto terase en conta a pertenza ao club no ano en curso e non na ficha que puidera estar tramitando para 2020. A única excepción permitida será a de xogadores sen ELO ou con ELO inferior a 1400 pertencentes a clubes que non vaian participar nesta proba,

b. Cada equipo estará formado por un máximo de 5 xogadores, que manterán todo o torneo a orde de forza. Cada rolda deberá ser xogada polos mesmos 4 xogadores.

c. Os equipos deberán acudir a esta competición uniformados, empregando os xogadores cando menos unha camiseta ou polo igoal. Non é necesario que teñan o logotipo do seu club. Se o equipo o prefire pode aboar a organización unha cota de 20 euros por cinco camisetas da nosa asociación.

Horario do Torneo:
11,30 / 13,00 / 17,00 / 18,30 / 20,00 (5 roldas). Entrega de trofeos: 21,30.

Ritmo de xogo: 5 minutos con 3 segundos de incremento.

Premios:
1º Clasificado: Trofeo con figura de Sargadelos + 200 euros.
O pago realizarase obrigatoriamente mediante transferencia bancaria na conta do club.
Se o Club acude cos datos fiscais e o sello a transferencia realizarase de xeito inmediato.
2º Clasificado: Trofeo con figura de Sargadelos
3º Clasificado: Trofeo con figura de Sargadelos.
En función do número de equipos inscritos a organización estudará dotar a mais equipos con premios económicos.

Comida no Torneo:
Aqueles equipos que o desexen e os seus acompañantes poderán comer no Sporting Club Casino nunha comida de confraternidade por 12 euros por comensal.
Primeiro prato: Empanada artesá de bonito ou Crema de verduras. Segundo prato: Merluza en caldeirada ou Medallón de Lomo. Postre: Mouse de Mango ou Macedonia de Frutas.
Durante a comida contaremos coa actuación dun mago e outros agasallos para os asistentes.
Dada a necesidade de facer a reserva do espazo pregamos aos interesados confirmen canto antes a súa asistencia á comida (preferiblemente ata o mércores)

Outros: Ao ser o primeiro torneo realizado con este sistema a asociación resérvase o dereito de ir engadindo normas á proba, con cambios que se reflexarán na nosa web.

Cota de participación: A participación non leva aparellada o pago de cota (salvo as comidas).

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario