5 de xuño de 2008

Torneo XIX Aniversario de Palaestra


TORNEO XIX ANIVERSARIO DE PALAESTRA

I. DÍA DE CELEBRACIÓN.

O Torneo terá lugar o sábado 7 de xuño de 2008.

II. HORARIO DAS PARTIDAS.

As partidas comezarán ás 17;30, 17;45, 18;00, 18;15, 18;30 e 18;45.

III. DURACIÓN DAS PARTIDAS.

A partidas terán unha duración de 5 minutos por xogador.

IV. MODALIDADE DO TORNEO.

Sistema suízo a seis roldas (elaborado polo "PROTOS").

V. PARTICIPANTES.

O campionato será aberto, podendo participar no mesmo tódolos interesados ata un límite de corenta xogadores.
Os xogadores serán listados polo seu ELO e logo alfabéticamente.

VI. COTAS.

A cota de participación será de 1 euro.

VII. LOCAL DE XOGO.

O torneo terá lugar na Sala de Ámbito Cultural de El Corte Inglés.

VIII. PREMIOS.

A entrega de premios terá lugar despois da última rolda.
O listado de premios será o seguinte:

1º.- Trofeo + 30 € en tarxeta regalo + 40% das cotas.
2º.- Trofeo + 30% das cotas.
3º.- Trofeo + 20% das cotas.

Ademais haberá un agasallo para tódolos participantes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario