28 de outubro de 2021

COPA GALICIA E TORNEO PARALELO

Este sábado 30 de outubro recuperamos o torneo Copa AGAX e Tódolos Santos como fixemos en 2019.

Unha combinación de torneo suizo e de Copa con eliminatorias.

A idea é celebrar unha Copa por eliminatorias cun máximo de 32 xogadores e para evitar que os eliminados queden sen nada que facer xogaremos ao mesmo tempo un torneo por sistema suizo.


Nome do Torneo:
 COPA AGAX

Data: 30 de outubro de 2021.

Lugar: 1ª Planta do Centro Comercial Los Rosales - A Coruña.

Ritmo: Na Copa o sistema de xogo será por eliminatorias xogadas por Armagedón, no que as Brancas terán 5 minutos e Negras 4 minutos, sendo as táboas valoradas como vitoria das negras.

No Torneo Tódolos Santos o ritmo será de 10 minutos finish.

Sistema: A Copa realizarase por sorteo simple, tanto para o lugar no cadro como para as cores a empregar en cada partida. Os que perdan as partidas quedarán fora da competición.

O torneo de complemento Tódolos Santos será un suizo a cinco roldas.

Horario:

O horario dos torneos facilita a participación simultánea nos dous torneos. 

HORARIO COPA:
17,00 Presentación, 17,15 sorteo.
Horario: 17,20 18,00 18,40 19,20 20,00

HORARIO TORNEO TÓDOLOS SANTOS:
Horario: 17,35 18,15 18,55 19,35 20,15

ENTREGA DE TROFEOS ÁS 20,40

Premios:
Teremos un trofeo para o mellor clasificado de cada torneo.

Entregaremos unha máscara con motivos de xadrez a todos os participantes.

Os torneos non son son válidos para ELO, si para os circuitos internos de AGAX.

Inscricións: 3 euros (de balde para socios de AGAX).

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

Advertencia 4: As persoas anotadas entenden e coñecen os diferentes protocolos relativos á situación COVID especialmente o relativo a destramento federado e asunción de riscos.

Advertencia 5: Si algún prefire xogar a Liga AGAX sub12 alí, a sala estará aberta a partir das 15,50 aproximadamente..

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario