24 de decembro de 2017

Concurso Lóstrego de Relatos e Debuxos

Case tan rápido como unha partida de tres minutos, presentamos o noso concurso de relatos e debuxos rápidos.
O tema ten que ser o xadrez ou ben o Campionato do Mundo Sub12 do vindeiro ano.

1º.- Poden participar tódolos interesados de calquera idade.
2º.- Os debuxos serán en branco e negro.
3º.- Os relatos, en galego, non ocuparán máis de dous folios a dobre espazo.
4º.- Os traballos deben ser enviado ao correo da asociación: correo@agax.org

Un dos retos consiste no pouco tempo que terán os interesados.
Os traballos deberán chegar o xoves 28/12/2017 dende as 0,00 ás 23,59.

Ningún comentario:

Publicar un comentario