26 de xuño de 2014

Torneo de Xadrez do Ortegal

O vindeiro domingo 29 de xuño teremos unha xornada especial. Pola mañán teremos un match infantil coruña-ortigueira nesta última vila e pola tarde celebraremos o primeiros Torneo Ortegal en Cariño (para todas as idades).

Domingo 29 de xuño de 2014

Match Infantil Coruña-Ortigueira
Ás 12,00 horas en Ortigueira

I Torneo do Ortegal
Äs 17,00 en Cariño.
Fronte ao Concello. Se chove será na mesma Casa do Concello.
(Partidas ás 17,00, 17,30, 18,00, 18,30 e 19,00).
Suizo a Cinco Roldas. Ritmo de Xogo 15 minutos finish

Para os interesados haberá un bus que sairá ás 9,30 do Centro Universitario de Riazor cun custe de 5 euros por persoa.

Para aqueles que queiran ir ao torneo da tarde pero non participarán no match, o autobus realizará unha pequena ruta pola mañán por Ortigueira e Bares. E para aqueles que vaian de acompañantes durante o torneo da tarde o autobus realizará unha ruta polo Cabo Ortegal, a Garita de Herbeira (os cantís mais altos da Europa continental) e San Andrés.

Unha vez realizada a entrega de premios ás 19,30 o autobus retornará á Coruña.

5 de maio de 2014

Presentación do Libro de Xadrez para os Colexios

No Colexio San Francisco Javier realizouse a presentación dun pequeno libro de iniciación ao xadrez que vai ser disstribuido entre os colexios da cidade.
No acto participaron o concelleiro de deportes da Coruña, Francisco Mourelo, e o autor do libro e tesoureiro de AGAX Francisco Conde.

25 de decembro de 2013

Xornada de Xogos e Estratexia

A actividade desenvolverase o venres 27 dende as 17,30 horas.

Consiste nunha serie de torneos de distintos xogos facendo unha clasificación combinada.

Contarán para esta as mellores clasificacións en tres probas, das cinco que terán as xornadas.

17,30 - 18,30: Risk
18,30 - 19,30: Othello
19,30 - 20,30: Dominó
20,30 - 21,30: Damas
21,30 - 22,30: Mancala e Catro en liña

Cota de participación de 1 euro para socios de AGAX (2 para o resto) e trofeo para os tres primeiros.

10 de novembro de 2013

TORNEO DE SEMIRRAPIDAS DE AGAX

Só para os socios.
Os luns 11, 18 e 25 de novembro no Sporting Club Casino.
19,00 horas.
Partidas a 25 minutos. 2 partidas por día.
Gratuíto.
Trofeo para o vencedor.