10 de maio de 2013

Torneo de Primavera


O día 12 de maio teremos o Torneo de Primavera de Xadrez.

Proba que desenvolveremos segundo as seguintes bases:

TORNEO PRIMAVERA
Data de celebración: 12 de maio de 2013
Lugar: Sporting Club Casino
Sistema de Xogo: Suizo a 5 roldas.
Ritmo: 15 minutos finish
Roldas:
1ª Rolda: 17,00
2ª Rolda: 17,30
3ª Rolda: 18,00
4ª Rolda: 18,30
5ª Rolda: 19,00
Hora prevista de finalización: 19,30
Cota de participación: 2 euros (1 euro para socios do Casino ou AGAX)
Premios: Trofeo para os tres primeiros clasificados.

2 de maio de 2013

Torneo de Xadrez en progresión


Dentro do circuito de xogos, este venres día 3 de maio teremos no CUR ás 20,00 o torneo de Xadrez en Progresión.

Esta modalidade xógase coma unha partida normal, salvo que os peóns non se coroan, senón que cambian de movementos segundo a fila na que se encontran. En quinta desprázanse como rei, en sexta como alfil, en sétima como torre e en oitava como dama.

19 de abril de 2013

Resultados dos Torneos de Xogos

Decembro: FischerRandom
1. Santiago Domínguez
2. Isidro Alfaro
3. Ernesto Pérez
4. Daniel Mayo
5. José M. Andión
6. M. Andión;

Xaneiro: Masacre de Peóns

1. Santiago Domínguez
2. Ernesto Pérez
3. Francisco Domínguez
4. José Manuel Andión
5. Héctor López
6. Manuel Andión.

Febreiro: Marsellés
1. Ernesto Pérez
2. Fran Dominguez
3. Santi Domínguez
4. José M. Andión

Marzo: Amazona
1. Fran Domínguez
2. Santi Domíbguez
3. Ernesto Pérez
4. José Manuel Andión
5. Florencio González

Abril: Escaramuza 

1 Santiago Dominguez,
2 Ernesto Pérez,
3 Dani Mayo,
4 Alejandro,
5 Florencio González,
6 José Manuel Andión,

Quedan aínda en maio o Torneo de Xadrez en Progresión e en xuño o de Non me gusta.


5 de abril de 2013

Torneo de Xadrez Escaramuza


Na modalidade de Xadrez escaramuza, os peóns non teñen dobre movemento. O xogo é rápido e con moito ataque, debido á posición inicial das pezas, que pode verse no diagrama.