27 de outubro de 2019

COPA AGAX E TORNEO TODOLOS SANTOS

A Asociación Galega de Xadrecistas segue a celebrar o seu XXX Aniversario. Desta volta coa celebración da Copa AGAX e do Torneo Tódolos Santos de xeito simultáneo.

A idea é celebrar unha Copa por eliminatorias cun máximo de 32 xogadores e para evitar que os eliminados queden sen nada que facer xogaremos ao mesmo tempo un torneo por sistema suizo.

Nome do Torneo: COPA AGAX

Data: 1 de novembro de 2019.

Lugar: 1ª Planta do Centro Comercial Los Rosales - A Coruña.

Ritmo: Na Copa o sistema de xogo será por eliminatorias xogadas por Armagedón, no que as Brancas terán 5 minutos e Negras 4 minutos, sendo as táboas valoradas como vitoria das negras.

No Torneo Tódolos Santos o ritmo será de 15 minutos finish.

Sistema: A Copa realizarase por sorteo simple, tanto para o lugar no cadro como para as cores a empregar en cada partida. Os que perdan as partidas quedarán fora da competición agás nas semifinais que xogarán a final B.

O torneo de complemento Tódolos Santos será un suizo a cinco roldas.

Horario:

O horario dos torneos facilita a participación simultánea nos dous torneos.

HORARIO COPA:
16,00 Presentación, 16,20 sorteo.
Decimoctavos: 16,30 Octavos: 17,15 Cuartos: 18,00 Semifinais: 18,45 Final B: 19,30 Final A: 20,15

HORARIO TORNEO TÓDOLOS SANTOS:
16,45 / 17,30 / 18,15 / 19,00 / 19,45

ENTREGA DE TROFEOS ÁS 20,30

Premios:
Trofeos para os tres primeiros clasificados da Copa AGAX.
Trofeo para o mellor do Torneo Suizo.

Medalla para todos os participantes no torneo do sábado.

Os dous torneos son válidos para o Circuito AGAX 2019-2020.

Inscricións: 3 euros (de balde para socios de AGAX).

Exclusivamente a través do formulario ligado:

PREME PARA INSCRIBIRSE

Advertencia 1: Dacordo coa lexislación vixente é obrigatorio que o participante teña un seguro de accidentes. Por tanto é obrigatorio contar con licencia federativa de xadrez. Se o xogador interesado non está federado debe informarse das posibles opcións na súa escola de xadrez ou no noso correo.

Advertencia 2: Os participantes na proba autorizan a publicación dos seus datos persoais nos diferentes medios que a organización considere oportunos para a necesaria difusión do evento (resultados, clasificacións, participantes... etc.) así como a súa presencia nas fotos realizadas cos mesmos propósitos.

Advertencia 3: Para o mellor funcionamento do Torneo os organizadores poden ampliar as bases do mesmo antes da celebración da proba.

A participación leva aparellada a aceptación destas normas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario